Cando celebrar non é celebrar
“Abúrrome na Misa” eu considéroa unha frase polisémica, xa que cos mesmos termos se expresan dúas realidades moi relacionadas unha coa outra pero moi distintas, unha referida á forma e outra ó contido da mesma celebración. Explícame, para o cal ídesme permitir “traducir” a frase a outros termos (coa traizón que toda tradución supón):
- “A Misa é unha celebración aburrida e pouco participativa”.
- “A Misa é unha celebración que non me di nada para a miña vida”
A frase “abúrrome na Misa” escoitámoslla maioritariamente á xente nova pola prudencia ou o respeto da xente maior, non porque esta última non se aburra. Permitídeme xeneralizar para expresar mellor o que quero dicir.
Haberá quen diga “pois vale, ¿e que? á Misa non se vai a divertirse nen a pasalo ben” e non lle falta razón; pero o problema, e ahí creo que se debería centrar o debate (neste foro e en toda a Igrexa), non está en que a alguén a Misa lle pareza unha celebración aburrida (forma), senón en que lle resulta aburrida porque non a vive, porque realmente non é celebrar nada (contido).
Neste sentido os curas temos unha gran parte de culpa; moitas veces preparamos celebracións especiais, adaptamos cousas, intentamos innovar (dentro do pouco que a liturxia permite innovar), e ata nos sentimos orgullosos se nos resulta unha celebración “vistosa” e entretida; pero poucas veces, e agora falo da miña culpa persoal, imos ó importante e nos preguntamos se realmente os que participaron celebraron alí a súa fe, se VIVIRON a celebración.



