.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Arte’

A fe dos Magos

07 Enero, 2006 Escrito por: Tere Nécega, profesora de Relixión Tema: Arte Xa van 5 comentarios →

Adoracion dos Magos

E cando entraron na casa atoparon o neno con María, súa nai. Postráronse e rendéronlle homenaxe; logo abrindo os seus tesouros, ofrecéronlle como regalo, ouro, incenso e mirra.” (Mt 2, 11)

Tere NécegaEstreamos sección de arte, coa colaboración de Tere Nécega na selección de cadros, textos e citas bíblicas. Con este novo apartado tentaremos adentrarnos cun pouco de dirección no vasto mundo da pintura cristiá, para o que calqueira momento é bo.

Os Magos son personaxes misteriosos, lonxanos, viron a estrela e deixáronse iluminar por ela. Puxéronse en camiño e conseguiron poñerse de xeonllos diante do Neno Salvador.
Os Magos son persoas cheas de ternura, de encanto. Non queren conquistar terras, nin pobos. Non buscan tesouros nin alianzas políticas. Non queren chamar a atención, nin que os admíren e os aplaudan. Non queren que a xente os adore, somentes queren ser eles os que adoren o Neno Deus. Non queren ser estrelas, senon seguir á estrela. Non buscan impoñer unha relixión ou unha cultura, queren aprender máis relixión, máis cultura. Non viaxan para quitar nada, senon para ofrecer os seus tesouros.
Os Magos ensínannos a deixar as nosas certezas e comodidades para abrirnos á luz que nos pode chegar desde calquer ceo, a poñernos en camiño, a ser pacientes e constantes nos momentos difíciles, e recoñecer a Cristo no Neno, en cada neno, en toda persoa pequena e desvalida. A ser pequenos e solidarios e compartir o que temos. Tenrura, respecto, caricia, amor, luz para os demáis.
Fontes: (Extractado e traducido de “Como la gallina a sus polluelos”. Cáritas 2002-2003. páx 170-171. )

  • Comentario artístico
  • Un dos últimos traballos de Andrea Mantegna; o espació redúcese ó mínimo para non dispersar nin desviar a atención do espectador; elíminanse os elementos anecdóticos.
    Os personaxes achéganse ó espectador para que poidamos apreciar os rostros e os recipientes nos que os Reis levan os seus presentes ó Neno. As figuras responden á monumentalidade escultórica que caracteríza as obras de Mantegna. Destaca a iluminación, e o colorido en relación coa escola veneciana.
    A composición organizase por medio dunha diagonal formada polas cabezas de María o Neno e o Rei que está no primeiro plano. Todos os personaxes dirixen as súas miradas ó Neno ó que aumenta a cohesión do conxunto. A minuciosidade no tratamento dos pregues e os rostros dos Reis fai pensar na influencia da pintura flamenca que taba chegando a Italia.

    Fontes: (Comentario de artehistoira.com. Traducción)
    O cadro: Adoración dos magos, 1500 | Autor: Andrea Mantegna | Museo: Paul Getty Museum | Témpera sobre madeira.