Conmemoración mundial da morte de Xoan Pablo II

Hai un ano, por estas datas, morría Xoan Pablo II. Ó cumplirse o primeiro aniversario da súa morte, véñense sucedendo misas e funerais na honra do anterior sumo pontífice por todo o mundo. En Polonia, centos de miles de persoas (segundo ACI Prensa) se congregaron do mesmo xeito que hai un ano ante a Campana de Sexismundo da catedral do Castelo de Wawel, que so resoa para marcar os acontecementos máis importantes do país.
En Wadowice, lugar de orixe de Carol Wojtila, o bispo auxiliar de Cracovia, Mons. Jozef Guzdek dixo estar esperanzado, de cara a unha rápida beatificación e incluso canonización. En Varsovia celebrouse un concerto polo Papa no que participou Plácido Domingo, interpretando o “Requiem” de Mozart.
Por todo o mundo se alabaron as virtudes do finado: sensibilidade ó diálogo relixioso, aposta pola paz ou pola dignidade e dereitos do ser humano. En Roma, Benedicto XVI oficiou unha misa multitudinaria polo seu antecesor ó frente da Igrexa, á que acudiron fieis de todo o mundo.
En Galicia, o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, afirmou que Xoan Pablo II deixou unha Igrexa “máis revitalizada e creíble”, e expresou o seu agradecemento polo seu traballo como “pastor fiel”.
A figura deste Papa lonxevo, que se resistiu a abandoar o seu posto aínda cando a forza física non o acompañaba, segue a estar moi presente na mente e nos corazóns de millóns de cristiáns. Lonxe dos sentimentos de nostalxia, os cristiáns ven nel hoxe, un ano despois, un motivo para a esperanza.
Quizáis a moitos dos que estades a ler estas letras non vos sone de nada Teilhard de Chardin; o propósito de que fale del é dobre: por un lado seguir prestando a colaboración con esta fantástica páxina web, e en segundo lugar que coñezades, ainda que sexa someramente, a esta gran personalidade da Igrexa de principios do século XX e sobre o que estou a elaborar a tesiña.
2º.- A súa


