.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Convocatorias’

Martín Valverde en Galicia

07 Febrero, 2009 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Música Xa van 25 comentarios →

http://farm4.static.flickr.com/3385/3269428424_95e917ecf7_m.jpghttp://farm4.static.flickr.com/3453/3269428426_41460eeac2_m.jpg

A verdade é que non se ve moito o folleto informativo, polo que aquí vai o resto:

+ Concertos de Martín Valverde:
Venres, 20 febreiro: Cine Salesianos, de Vigo. 20.30 h.
Domingo, 22 febreiro: Auditorio de Vimianzo. 19.00 h.

As entradas pódense conseguir anticipadamente a través das Delegacións diocesanas de P. Xuvenil, na Librería “Egeria” de Santiago e na Librería Salesiana de Vigo.

+ Curso de Música: sábado, 21 febreiro no Centro Xoan Paulo II do Monte do Gozo en Santiago. 9.30 – 18.00 h.

+ Curso de formación para animadores, catequistas, xoves, monitores,…: 23 de febreiro, na Casa de Exercicios de Santiago. 10.30 – 19.30 h.

Para calquera consulta ou para apuntarse: dedinexmf@yahoo.es

Qué fas no verán?

23 Mayo, 2008 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias Xa van 29 comentarios →

The image “http://farm2.static.flickr.com/1328/1022785347_8ee763ff86.jpg?v=0” cannot be displayed, because it contains errors.

Dende a Delegación de Infancia e Xuventude chéganos algunhas das actividades que terán lugar na nosa diocese durante o verán:

  • Encontro Gran de Mostaza (nenos)

data: 14 xuño
lugar: casa diocesana de Miño
horario: 11.30 h. a 18.00 h. aprox.
destinatarios: nen@s ata 12 anos.
información: nas parroquias e na secretaría de Dedinex (As Pedreiras 6. 27800 Vilalba. 982510406)

  • Campamento diocesán

data: 11-20 xullo
lugar: mosteiro Vilanova de Lourenzá (Lugo)
destinatarios: nenos e nenas nacidos entre 1992-99
información: nas parroquias ou campadiocesano@hotmail.com

  • Encontro Gran de Mostaza (adultos)

data: 12-14 setembro
lugar: casa diocesana de Miño
destinatarios:
animadores xóvenes: chegarían o día 12 ás 21.00h. ata o domingo.
rapaces de 16-18 anos: só o día 13 neste horario: 10.30 ata 18.00 h. aprox.

Estás convidado!

Ser a voz da esperanza

19 Mayo, 2008 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Crónica de actividades, Música Ninguén dixo nada →

The image “http://web.novafronteira.org/fran.gif” cannot be displayed, because it contains errors.Por decimoterceiro ano consecutivo mozos e non tan mozos de toda a nosa Diocese déronse cita o sábado 26 de abril na Igrexa do Poblado de As Pontes, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral Vocacional.

O lema deste ano era: Pon voz á esperanza!!, entendido como unha chamada que Deus nos fai a ser a súa voz, a pronunciar sempre unha palabra de esperanza cristiá, a anunciar incansablemente a Boa Nova da Salvación, tendo en conta a última encíclica de Benedicto XVI (Spe Salvi).

Ás dez e media da mañá comezaron a chegar os primeiros participantes. Todo estaba a punto para acollelos e pasar xuntos un día de ledicia, festa e convivencia, unidos pola música. Entre participantes e acompañantes chegaron ata As Pontes unas 250 persoas.

Despois duns minutos de oración, tivo lugar a actuación dos grupos da categoría infantil e o grupo gañador da categoría xuvenil do ano pasado, tras do cal tivemos a celebración da Eucaristía á última hora da mañá. Despois do xantar actuaron os grupos da categoría xuvenil. Houbo tamén a oportunidade de escoitar o concerto que nos ofreceu Nico Montero, cantautor cristián coñecido en toda España.

No tocante a premios, cómpre sinalar que tódolos grupos participantes recibiron un diploma pola súa participación, un trofeo e un CD de Nico Montero. O xurado, coma en anos anteriores, estivo formado por representantes de cada un dos grupos participantes, e por colaboradores da Delegación de Pastoral Vocacional entendidos en música. O primeiro premio da categoría infantil foi para o grupo do Colexio Xesús Maestro de Ferrol, das Discípulas de Xesús, de Ferrol. Na categoría xuvenil os tres grupos participantes decidiron que as súas actuacións non entrasen en concurso, compartindo as súas cancións pero evitando competir entre eles.

Urca

17 Agosto, 2007 Escrito por: Redacción NF Tema: Caixón de sastre, Convocatorias Ninguén dixo nada →

O festival de música relixiosa Urca chama a ensaio para unha nova edición. As cordas dos instrumentos xa están probadas (durante 15 anos) e os seus promotores garantizan un bo son. Obradoiros, seminarios, mesas redondas, exposicións, taller de radio… e concertos.

Este ano pasarán por Santiago Javi García, Inés Suárez, Germán Fernández, Tierra Prometida, Emisión ou Amparo (Valencia).

As datas: do 21 ó 23 de setembro. Máis información na súa páxina web.

Tamén dende Santiago chégannos as novas sobre a viaxe da delegación de xuventude a Terra Santa. Podes ver fotos e ler as súas experiencia no seu blog.

Oración de Taizé en Vilalba

14 Mayo, 2007 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias Xa van 2 comentarios →

O próximo sábado día 19 ás 20.30h terá lugar na casa das Fillas de María Mediadora de Vilalba unha oración ao estilo de Taizé.

Está organizada por un grupo de xoves da diocese que teñen participado da experiencia desta comunidade ecuménica.

Todos aqueles que se queiran achegar, están invitados. Para máis información, podes mandar un e-mail a novafronteira@gmail.com indicando o teu nome e un número de teléfono.

¿Qué é Taizé?

Taizé é a localidade que á súa vez da nome a unha comunidade cristiá ecuménica, fundada en 1940 por Roger Schutz, coñecido como Irmán Roger.

Dende hai décadas, xóvenes de relixión cristiá e de todas as confesións (católica, luterana, ortodoxa…) danse cita nesta vila francesa, que acolle encontros internacionais todos os anos.

As oracións de Taizé son famosas polo seu estilo reposado, os seus cantos e sobre todo polo seu espírito ecuménico, é dicir, de unión de todos os cristiáns.

Podes coñecer máis sobre Taizé visitando a súa páxina web ou as esperiencias que rapaces da nosa diocese compartiron con nós tras un encontro promovido pola comunidade o ano pasado.

Exercicios espirituais en Nadal

14 Diciembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias Xa van 350 comentarios →

Chéganos a convocatoria dos exercicios espirituais deste ano, que organiza Dedinex. Unha boa ocasión para reflexionar e por en limpo moitas cousas… Di Dedinex:

Queremos con esta convocatoria facerche unha proposta para estes días: un pequeno espacio de oración-convivencia no Seminario de Mondoñedo.

Sería os días 26 ó 28 deste mes: chegariamos o primeiro día ó redor das 12 e rematariamos co xantar do día 28 (e non é ningunha inocentada).

Estará connosco un cura ben coñecido na diocese, Segundo Pérez, que xa nos ten axudado nas actividades de tempo libre e de Pastoral Xuvenil.

Se estás interesado, só tes que mandar os teus datos (os de contacto: nome completo, dirección postal e electrónica, teléfono), idade e parroquia a dedinexmf@yahoo.es ou chamar a este teléfono antes do día 22: 982510406 (preguntando por Valín).

Ah! recorda trae-lo saco de durmir, un boli, caderno, Biblia e o necesario para pasar estes días.

Anímate! son días de moito lío, de andar dun lado para outro, pero tamén de pensar, orar e ver cómo Deus se achega a nós e de qué xeito o fai. Contamos contigo.

Urca

15 Septiembre, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Novas e medios 1 persoa dixo algo→

Fai click para ampliar

Xa está aquí Urca, o encontro de música e solidariedade da veciña diocese de Santago. Estase a celebrar dende hoxe ata o domingo, e leva por título ‘Singladura’. A actividade estrela terá lugar mañá, cando Luis Guitarra presente o seu disco ‘Desaprender’ en primicia no Colexio La salle de Santiago (22,30). Ademáis, nestes tres días haberá un destacado espacio para falar de temas de actualidade social como a familia ou a inmigración así como os habituais obradoiros artísticos: pintura, danza e oración, respiración… O encontro organizado por Urca ven apoiado pola Delegación de Xuventude de Santiago.

Para máis información pódese consultar a nota de prensa distribuida pola Delegación de Medios da Diocese de Santiago dispoñible na web de Urca , no e-mail urca@urca.es ou no teléfono 629 667947 (Bea).