Ano rosendiano

O patrón da nosa diocese chámase San Rosendo. Naceu no 907, e tivo unha fonda pegada en Galicia, sobre todo na diocese de Ourense e Mondoñedo-Ferrol. Agora, estamos a punto de conmemorar o XI centenario do seu nacemento, e a maquinaria da nosa diocese púxose a traballar para celebrar a data como se merece.
San Rosendo non é un santo moi coñecido, aínda que si admirado, ó que moitas persoas en Galicia lle teñen unha grande devoción. Con este XI Centenario a nosa diocese, en colaboración con todas as de Galicia (en especial coa de Ourense) pretende achegar a figura deste santo a todos os diocesanos, e para iso teremos un Ano Xubilar, no que se enmarcarán diversas actividades: dende obras sociais ata congresos, exposicións, e mesmo un selo de correos.
Pero…¿quen é San Rosendo? O delegado do bispo para o centenario, Segundo Pérez López (coñecido xa de NF) resume en poucas palabras unha biografía cargada de grandes feitos: “foi bispo de San Martiño de Mondoñedo (Foz) Iria ( Santiago de Compostela) e promotor da fundación de numerosos mosteiros por todo o territorio do Noroeste peninsular, sendo a súa fundación emblemática o mosteiro de Celanova (Ourense) onde falecería o día 1 de marzo de 977. Esta abadía foi centro de referencia para máis de cincuenta mosteiros e priorados de toda España. Foi canonizado a finais do século XII polo cardeal Xacinto, legado pontificio, quen en chegando a Papa estendeu o seu culto para toda a Igrexa”. (sigue lendo).
Segundo Pérez, rector do Seminario Maior e do Instituto Teolóxico Compostelán dirixe unha comisión nomeada polo bispo, Manuel Sánchez Monge, na que hai dende estudiosos e académicos ata xornalistas ou párrocos de numerosas parroquias. Este grupo de traballo púxose en marcha hai meses para preparar o ano Xubilar que comezará tras o verán. Nel poderemos disfrutar dun amplo programa de actividades que xa adianta a páxina web creada para o centenario.
Os medios de comunicación xa se fixeron eco do centenario, comezando por Dumio, o suplemento diocesano de La Voz de Galicia, que lle adica un espacio relevante ó centenario. Nel podemos atopar unha entrevista con Segundo Pérez, a carta do bispo anunciando o centenario e unha primeira versión do programa. Podes acceder a toda a información sobre o centenario dispoñible na rede na web creada para tal fin.
.:Diocese:. Web especial para o XI Centenario do nacemento de San Rosendo
Chéganos a convocatoria do Camiño de Santiago que organiza Dedinex, a Delegación de Pastoral de Infancia e Xuventude da diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Jesús, Buen Pastor,
O Festival da canción vocacional de As Pontes xa está aquí. En dous días, decenas de grupos parroquiais ou grupos creados “ex profeso” competirán nunha xornada de festa cantando temas que xiren en torno ó lema “Eh! Alguén te espera”.
A miña experiencia no Festival da Canción Vocacional de As Pontes faise, cada ano, inesquecible. Hai tempo que veño de participar nel, primeiro de forma indirecta e, posteriormente, asistindo e vivíndoo en primeira persoa.
No ano 96 arrancaba na nosa diocese unha inciativa nova para nós: organizar un festival de canción infantil-xuvenil (anque nas primeiras edicións participaron grupos non tan xoves), e facíao co lema Xesús, un canto á vida. O motivo era xuntarnos os distintos grupos que animan nas parroquias, colexios, grupos,… e ó redor da figura de Xesús de Nazaret, reflexionar, cantar, festexar… A resposta foi alucinante: cada ano participaban en torno ós 20-25 grupos e o encontro era un día completo de cancións, celebracións, concertos, festa e moitos amigos. Non só xugabamos na casa senón que grupos das dioceses veciñas tamén se animaron, e sempre co remate dun concerto dalgún grupo coñecido de música relixiosa. Xente como Brotes de Olivo, Javi Sánchez, Luis Alfredo, Luis Guitarra,… achegábanse ata o Festival, compartían connosco as súas cancións a súa experiencia de fe. Unha gozada!


