.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Curiosidades’

“A xente nova segue a ter valores que os curas debemos axudar a manter”

07 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Curiosidades, Entrevistas NF, Novas e medios Xa van 3 comentarios →

Javier Arce é un cura novo. Tanto, que aínda non cumpriu un ano como sacerdote. Reclama, sen complexos, que os curas podan facer una vida completamente normal, o seu dereito a non ser “un bicho raro”, di. Xoga ó fútbol no equipo “Os Chispas”, que saltou ás páxinas dos xornais e ás pantallas da televisión nas últimas semanas. A súa participación no Champions Clerum, un torneo europeo de cregos futboleiros, é o motivo. Quedaron sextos, e viviron unha experiencia moi agradable en Zagreb, Croacia. Un exemplo, dende a diocese irmá de Ourense, de cómo se pode compatibilizar a xuventude coa entrega Deus, as botas de taco e unha vocación moderna

-Pertences ó equipo “Os Chispas” ¿Como nace a idea?, ¿por que ese nome?

“Os Chispas” nace das ganas dun grupo de curas e diáconos de facer algo de deporte e convivir xuntos. O nome ven da nosa terra, xa que ourense é coñecido por ser unha “terra da chispa”, polas profesións, como a de afiador, pero tamén por outros motivos, como a augarddente

-¿Coñecedes moitos equipos coma vós ou sodes un caso raro? ¿Cal é a vosa traxectoria?

De momento non sabemos da existencia de ningún. O que si sabemos é que noutras dioceses hai interés por formar máis equipos como o noso. A nosa traxectoria pódese resumir nunha frase de San Agustin: “a virtude está no medio”. O ano pasado quedamos na mitade da taboa. Este ano vamos por ese camiño, e no campeonato europeo de Zagreb quedamos sextos de entre 10 equipos.

-¿Qué opinan os rapaces das vosas parroquias sobre o voso equipo?

¿Os rapaces? Mostran bastante interés por saber cousas do equipo. Nalgunha ocasión viñeron a partidos a animarnos.

-¿Por que resulta tan raro un equipo de cregos? ¿Credes que se lle deu moita relevancia ó voso caso nos medios?

Tivemos moito eco e moita relevancia na prensa, pero hai que ter en conta que os medios, a maioria das veces, van buscando o morbo e a anécdota. Neste caso igual. Por fortuna, hai xornalistas que si realizan ben o seu traballo, sen pararse en tonterías.

-¿Como levades ver que, pese a que o fútbol é un deporte nacional de toda a vida, poucos curas tiñan un equipo como o voso hai anos?

Non é exactamente así. Nos seminarios o deporte sempre tivo moita importancia. Ademáis, existen bastantes exemplos de curas que teñen axudado a crear algun que outro clube. Moitos deles xogaron e xogan en equipos de pobos.

-¿Cal cres que é o papel de curas novos, como os que formades “Os Chispas”, na Igrexa, e de cara á xente nova?

Basicamente, asumir o papel de sacerdote, ser cura hoxe, que non é pouco. De feito é o máis importante, creo eu. O realmente vital é ser xente con ilusión, alegria e dispostos a servir sempre a Xesús, ó seu Evanxeo e á súa Igrexa. Debemos estar abertos e acoller a aquelas persoas que máis nos necesitan. Hoxe a xente nova segue tendo grandes valores que os curas novos deben axudar a coidar.

O fútbol como maneira de transmitir cercanía

-¿Pode ser o fútbol unha maneira de evanxelizar?

Non é unha maneira directa de evanxelizar, pero sí de mostrarlle ós demáis, sobre todo á xente nova, que os curas non somos “bichos raros”. Sabemos divertirnos e todavia hai xente nova que segue entregendo a sua vida a Deus escollendo o camiño do sacerdocio. Por aí din que “dificil é ser normais” sendo curas. Eu penso que os curas, coa nosa identidade propia, levamos unha vida do mais normal posible.

-¿Cres que debería haber máis iniciativas coma esta? ¿Algún exemplo?

Actividades podense realizar moitas, sobre todo coa xente nova e cos nenos: torneos, ligas, encontros… pero sempre dándolle un toque crisitián, porque oferta deportivas con outros matices xa existe.

-Seguro que un equipo de cregos pasa por moitos momentos cómicos. ¿Recordas algún?

Si, hai moitas. Unha das máis graciosas foi cando nos atopamos cun arbitro que non cría que foramos cregos. O seguinte domingo apareceu na parroquia, coa intención de comprobar que realmente eramos sacerdotes.

Javi Arce, primeira foto, é o cuarto dos agachados (comezando pola esquerda)

Esta entrevista foi realizada especialmente para NF

.:NF:. Os Chispas, ou como os curas visten de curto
.: Blog “Os Chispas”:. Blog propio do equipo de fútbol “Os chispas”

“Os Chispas”, ou cómo os curas visten de curto

16 Febrero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Curiosidades, Novas e medios Xa van 2 comentarios →

Curas que xogan ó fútbol. ¿O clero xa non é o que era?

A este equipo non parece preocuparlle. Os Chispas son un equipo de Ourense, composto únicamente por sacerdotes. Estes días alcanzaron unha extraordinaria repercusión mediática porque pasaron de xogar na Segunda Rexional (onde compiten con clubes como “Os diablos vermellos” ou “As ninfas”) a xogar a Champions Clerum, en Zagreb, Croacia. Alí representaron a España nun torneo futbolísitco internacional para curas. Acadaron a sexta posición (de dez equipos), pero veñen contentos pola experiencia. A viaxe pagoulla a Conferencia Episcopal.

“Os chispas” queren demostrar que son persoas normais e que os curas poden facer deporte. «A xente cre que somos bichos raros e que non podemos facer deporte, pero, como di Benedicto XVI, é bo para o espírito e para manter a mente alonxada dos vicios desta sociedade consumista», comenta un xogador.

Habitualmente xúntanse os sábados pola noite e adestran, tendo coidado de non lesionarse para poder cumprir co esixente horario de misas dominicais. Tanto adestrar como xogar élles de cando en vez un problema, polas súas responsabilidades pastorais ou por avisos de última hora. A escaseza de sacerdotes fai que xogar sexa un esforzo adicional ó que, sen embargo, non están dispostos a renunciar.

Teñen un blog propio, no que repasan a súa traxectoria e lembran momentos desta experiencia:

De la experiencia de Zagreb, he sacado un par de conclusiones: la primera y la más importante que lo más importante de la experiencia, no fue sólo la competición en sí, el compartir con curas de distintas naciones, el rezar juntos a pesar de los distintos idiomas que traíamos…Sin duda, que sólo por esto mereció la pena. Y la segunda conclusión: cuán necesario y urgente sería aprender a hablar mínimamente bien algún idioma (la mayoría de los curas participantes dominaban italiano, o inglés). Hablar no hablábamos muchos idiomas, pero fue sacar la aguardiente y el licor café y no veas como nos entendimos todos…

O blog destes curas incorpora uns gustos inconfundibles. Entre os libros preferidos: “A Biblia”, “O Breviario”, e entre as películas “La Pasión”. ¿Unha nova xeración de sacerdotes?

.:NF:. Máis Información: Blog Os Chispas F. S, 20minutos, Elmundo, Bispado de Ourense, La Voz de Galicia, Agencia Veritas, Google News,

Xesús vai a xuizo en Italia

12 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Curiosidades, Novas e medios Xa van 296 comentarios →

Xesús de NazaretEn Italia, un sacerdote de Viterbo terá que demostrar ante un tribunal de xustiza a existencia de Xesús de Nazaret.

A noticia é de fai uns días, e está recollida por medios de todo o mundo. En España pasou case desapercibida, pero en Latinoamérica adícanlle unha relevancia maior, xornais como La Vanguardia (México), La Nación (Chile), e outras axencias como ACI Prensa ou BBC Mundo. Reuters fai un completo análise.

O caso é o seguinte: un agricultor xubilado, antigo seminarista que non chegou a ordearse, publicou un libro no que esgrime que Xesús non existiu, valéndose de ataques furibundos á Igrexa. Luigi Cascioli, que así se chama o escritor, sostén no seu libro A fábula de Cristo que a Igrexa construíu un personaxe (Xesús de Nazaret) valéndose de un tal Juan de Gamala, un xudío que se opuxo á ocupación romana no século I.

Enrico Righi, un sacerdote que casualmente coincidiu no seminario co autor do libro da controversia, publicou unha crítica nunha revista parroquial, tentando desmontar os argumentos do libro de Cascioli. O escritor, que se declara “ateo militante”, plantexou unha denuncia, acusando á Igrexa de dous delitos tipificados nas leis italianas: abuso da credulidade da cidadanía, e suplantación de personalidade: “comecei con esta demanda porque quero dar o golpe definitivo á Igrexa, promotora do oscurantismo e a regresión”.

Unha muller ante o detalle da Capilla Sixtina nun muralEvidentemente, Cascioli ten todas as de perder, porque do que se trata non é de demostrar a existencia de Deus, senón da figura histórica de Xesús de Nazaret. Hoxe por hoxe, ningún historiador serio se atreve a poñer en dúbida tal cousa. BBC Mundo fala con Aurelio Fernández, catedrático de teoloxía, quen demostra de que tres historiadores do século I xa falan de Xesús, e cita tamén as cartas de Pablo de Tarso.

Unha anécdota curiosa que nos fai reflexionar, non obstante, sobre a figura de Xesús e o que realmente sabemos del despois de dous mil anos falando da súa dimensión humana e divina.
Unha cousa hai irrefutable, a experiencia de fe, para a que non fan falta máis tribunais que os do propio corazón.