.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Libros’

A muller en Teilhard

01 Febrero, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Libros 1 persoa dixo algo→

Tras O mestre Teilhard e O que eu creo, publicamos a terceira entrega da serie sobre o mestre Teilhard de Chardin, da man de José Ramón López Oroza, esta vez adicada á muller.

José RamónSen outra pretensión que seguir investigando e lendo sobre o autor que me ocupa, comecei a profundizar nunha desas obras para as que se precisa de tempo, ánimos sobrados e suficiente mirada horizontal que axuden a acadar tan magno pensamento, unhas veces oculto e outras latente nos seus escritos.

Pois ben, lendo “El corazón de la materia”, libro fermoso e á vez complexo, atópome con impresionantes retazos da súa postura vital ante a muller.

Muller mirando pola ventá, de Salvador DalíNeste libro transmítenos (entre outras moitas cousas) o que para el significou o feminino, descobremento algo tardío na sua vida (sobre os 30 anos) pero que foi creando unha “atmósfera” que medrara nel o sentido cósmico e humano. Para Teilhard o feminino é o unitivo. Chega a falar ponderativamente da “unión plenificante dos sexos”, da necesidade do feminino “para sensibilizar a intelixencia”. O varón, prosegue a decirnos, “non pode prescindir do feminino, nin máis nin menos que pode prescindir da luz, do oxíxeno, ou das vitaminas”.

Fermosas apreciacións que serán completadas nesos anos nos que descobre á muller, coas máis fermosas reflexións sobre o “eterno feminino” que ve como “o encanto mezclado ó mundo para facerlle agruparse”, “acceso ó corazón total da creación”, “perfume de beleza” que atrae a Deus mesmo.

Amigos, na muller viu Pierre o símbolo da beleza da terra e da materia, a figura máis perfecta do seu poder de fascinanción, e sen dúbida, a imaxe máis fermosa, doce, e amable de Deus Amor.

Los pilares de la tierra

27 Enero, 2006 Escrito por: Suso Arnau, estudiante de Telecomunicacións en Vigo Tema: Libros Xa van 3 comentarios →

Suso ArnauVelaquí un claro exemplo de que os mellores froitos da literatura non se obteñen por encargo. O autor desta obra, Ken Follet, prolífico (anque pouco regular) escritor de novelas de acción, foi a crear a súa peza máis coñecida precisamente por amor ó arte, e sobre un tema totalmente alleo ás súas habituais conspiracións de espías coas que agora imita Tom Clancy.
Ambientándose na Idade Media inglesa, Follet vainos contando historias cruzadas de personaxes que acabarán coincidindo, ó longo do tempo, en torno á construcción dunha catedral. Pouco a pouco, asistimos ó nacemento dunha cidade e dunha época, mentres contemplamos a vida durante unha idade mítica anque pouco coñecida.
Los pilares de la tierra, de Ken FolletA obra ofrece innumerábeis alicientes: a historia atrapa dende o primeiro momento, sumerxindo ó lector nas vivencias dos personaxes, inmersos en múltiples intrigas e dificultades, a través dunha ambientación concienciuda e rigorosa que evita esas idealizacións tan típicas na produción histórica “de ler e tirar”. As personaxes, anque algo novelescas, tamén presentan un carácter humano que dista moito dos heroes e heroínas perfectos que estamos afeitos a atopar por aí.
Non é un libro que vaia levantar paixóns polo seu estilo, pero tal vez si o faga pola mestría ca que está tecido o fío da historia. Tamén aporta unha visión particular sobre a Igrexa nos tempos medievais, mostrando con total certeza vicios e virtudes, alternando un ton de louvanza cando se refire á busca de xustiza con outro máis ben satírico ó mencionar o culto a reliquias de procedencia dubidosa, por exemplo.
En resumo, é unha novela feita para disfrutar cunha lectura lixeira pero sen desperdicio ningún.

|Los pilares de la tierra| Ken Follet |Plaza & Janés, entre outras, varias edicións e formatos|

O que eu creo

25 Enero, 2006 Escrito por: José Ramón López Oroza, sacerdote; amplia estudios de Teoloxía en Salamanca Tema: Libros 1 persoa dixo algo→

Despois dunha primeira aproximación á figura de Teilhard de Chardin, en NF ofrecémosvos unha segunda entrega, da man de José Ramón López, que está a realizar un traballo de investigación sobre a figura deste sacerdote e pensador.

José RamónDesde que estou inmiscuido no coñecemento de Teilhard de Chardin son moitos os descobrementos que del fun facendo, moito o que me foi enriquecendo, pero tamén tiven a oportunidade de escoitar diferentes críticas (desos que mal se chaman os “carcas”) por achegarme e estudiar a un autor que éstos tratan como heterodoxo, como contrario á ortodoxia eclesial ou lonxano a esta. Diría eu que ¡bendita heterodoxia! e ¡maldita ignorancia!

O que eu creoÓ longo da miña vida, e porque así mo ensinaron os meus pais, fun aprendendo que ante todo debemos de respectar as opinións dos demais e non falar sen antes coñecer iso do que se fala. Creo que con demasiada frecuencia falamos de temas descoñecidos e criticamos tamén o descoñecido (pero…as apariencias enganan) o cal resume un estilo de vida cheo de prexuizos e máis ben pobre. Criticamos ó veciño de enfronte porque tén estas ou aquelas pintas, criticamos a aquel que viste así ou asá, aquel outro parece que é dun ou doutro xeito, este é corto, aquel é un prepotente, este é do PSOE ou do PP… e tantos e tantos exemplos que poderíamos poñer e cos que seguro cada un, algunha vez, nos sentimos identificados. Isto vale para todo, tamén para o meu autor. Teilhard foi un home criticado, mal criticado, un home apartado do medio para evitar que molestara (e enviado nada menos que a China), un home envexado por moitos e crucificado por outros, un home que viviu a tortura de sentirse marxinado incluso polos máis cercanos a el dentro da Compañía de Xesús.

Hoxe quero presentarvos o seu pensamento. Evidentemente non podo facer aquí un resumo do que semellante personalidade escribiu e nos deixou como herdanza ó longo da súa vida, pero si quero recomendarvos unha lectura que vos axudará a coñecelo e a xulgalo con algún criterio máis e mellor. O libro está editado en Trotta e titúlase “Lo que yo creo”. Teilhard intenta dar resposta xa nesos anos ó que nos chamamos secularización e que él, cheo de orixinalidade como sempre o foi, denomina “relixión da terra”.

Non digo nada máis, só que disfrutedes desta lectura e que vos enriquezades coas aportacións dunha das mentes máis privilexiadas do século XX.

.:Libros:. Las uvas de la ira

18 Enero, 2006 Escrito por: Moncho Noche, profesor de secundaria Tema: Libros Xa van 2 comentarios →

Moncho NocheEl que comience con una sequía y acabe con una inundación hace que diversos críticos consideren que la monumental obra de Steinbeck (1902 – 1968) sea una especie de Éxodo reescrito. Sin entrar en cuestiones bíblicas, considero desde mi simple condición de lector que la totalidad de las más de seiscientas páginas de esta novela son, en primer lugar, un placer y en segundo lugar, una auténtica necesidad, no sólo para comprender el marco histórico que refleja la obra, la Gran Depresión estadounidense y sus consecuencias sobre una familia de Oklahoma que, arruinada, tiene que marchar hacia el Oeste para sobrevivir; sino también para introducir en nuestro mundo del siglo XXI una perspectiva crítica ante los riesgos de crear una sociedad en la que todo esté en venta… como la nuestra.

Las uvas de la ira, de SteinbeckCon un lenguaje que conjuga lo poético con lo periodístico, Steinbeck desgrana la crónica de un desastre social intemporal: la explotación de los más débiles, la deshumanización de las relaciones personales y el naufragio de casi todas las esperanzas, sin que eso signifique renunciar a apostar radicalmente por la dignidad y la solidaridad como única luz ante la miseria económica y moral.
Simplemente animo desde aquí a leer Las uvas de la ira. En estos momentos en los que la novela histórica se presenta como una evasión poblada de neotemplarios, cálices, manuscritos y demás atrezzo pseudo-histórico que va de mano en mano (como la falsa moneda de la copla), leer la historia de Steinbeck es un auténtico bálsamo para la urticaria de tanta conspiración con afán de best-seller y, repito, una necesidad para no perder el norte.
Y, para acabar, decir que la obra posee, a mi juicio, uno de los mejores finales de la literatura. ¿Qué más se puede pedir?.

|Las uvas de la ira| John Steinbeck |Varias edicións e editoriais, entre elas Cátedra e coleccións de El País| Ano de publicación: 1939 |

.:LIBROS:.Crónica de una muerte anunciada

31 Diciembre, 2005 Escrito por: Suso Arnau, estudiante de Telecomunicacións en Vigo Tema: Libros Xa van 2 comentarios →

Suso ArnauSantiago Nasar morre asasinado diante da porta da súa casa. Así comeza e así remata esta historia, porque dende a primeira frase o narrador volve ó pasado e lembra todo o acontecido na vila dese personaxe os días antes de falecer.

Deste xeito sabemos do axuste de contas, por cuestión de honra, no que se veu envolto sen querelo, e como este o conduce á morte. Todos na aldea saben que o van matar, pero a novela transcorre sen que ninguén faga nada contundente para evitalo, até chegar ó final, xa anunciado dende o principio.

Crónica… é unha pequena xoia da novela latinoamericana, breve e cunha linguaxe coidada anque sinxela, asequíbel a todos e que fai a lectura fácil e agradábel. A pesares de coñecerse o desenlace, o argumento consegue manter o interese até o final (cousa que Dan Brown non conseguiu por moita intriga que lle botou) .
Crónica de una muerte anunciada
Ademais, deixa un oco libre para a reflexión: a Santiago Nasar vano matar por tema de honra, pero nin os mesmos asasinos o queren facer de boa gana, fano só porque se senten obrigados pola moral da súa sociedade, polos seus costumes supostamente relixiosos que transforman a honra familiar en algo máis importante cá vida dun alleo. O autor realza o absurdo desta situación para dar a entender o equivocados que están, e o irracional que resulta defender actitudes violentas dende o punto de vista da relixión.

E non dou máis detalles, que quero animarvos a que o leades vós mesmos. En resumo, unha novela fácil e interesante que non se pode perder!

(Publicada entre outros por DeBolsillo, e recomendada para lectores expertos e/ou maiores de dezaseis anos)