.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘Música’

Fenómeno pAscUA XovE

21 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Música, Pascua Xove, sobre a web Xa van 6 comentarios →

Fai click para ampliar

Ya tenemos las fotos de la Vigilia Pascual disponibles para todos, así como algunas otras de la Pascua Xove, de varios días. Se pueden consultar en nuestra sección fotos.

Si teneis alguna más y quereis compartirla, no dudeis en escribirnos.

Además, os ofrecemos una canción que seguro que os suena. Se llama “En mi debilidad” y es del popular grupo de música religiosa Brotes de Olivo.

Escucha al mismo tiempo que navegas!Esta canción se llama En mi debilidad, de Brotes de Olivo.

  • La actividad de la página

Nova FronteiraNF vive unos días de agitación. La participación es notable, con numerosos comentarios. Unos son graciosos, otros usan el lenguaje de los sms, que a los no acostumbrados dificulta un poco la lectura, y otros hablan de experiencias y de sentimientos.

Es una gozada el ver que el trabajo que NF realizó esos días en Mondoñedo sirvió de algo. En los tiempos que corren, la web se rebela como un vínculo de unión, también de los cristianos, que puede servir para muchos fines: uno de ellos es evangelizar, otro dar publicidad a nuestras actividades, y otro, y no menos importante, servir para el debate.

En unos días publicaremos nuestro siguiente “a fondo“, que llevará por título: “compromiso xuvenil, unha quimera?” en el que podremos seguir expresando nuestras opiniones como de costumbre.

Desde Nova Fronteira reiteramos nuestra disposición a aceptar sugerencias, comentarios e incluso colaboraciones para publicar en nuestro blog. Hagamos de esta iniciativa un lugar para todos.

De momento, anunciamos agradecidos que nuestro contador está a punto de batir las 10.000 visitas. Tras el comienzo de nuestras andanzas, en enero, hemos publicado más de 140 entradas y más de 160 comentarios han enriquecido estas aportaciones. Además, hemos abierto el espacio a las dudas, consultas y consejo a través del correo electrónico por parte de tres sacerdotes jóvenes de nuestra diócesis, un montón de fotos pueden verse en la red. En unos días presentaremos una sección “recursos” con contenidos disponibles para clases de religión, catequesis…

Los que hacemos Nova Fronteira queremos daros las gracias, empezando por el director y siguiendo por todos los colaboradores, y os emplazamos a seguir de cerca la actividad de la página. Lo mejor está por llegar.


.:NF:. Fotos de la Pascua Xove 2006

Fai click para ampliar

Afinando a voz

20 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Música 1 persoa dixo algo→

Festival da canción vocacionalO Festival da canción vocacional de As Pontes xa está aquí. En dous días, decenas de grupos parroquiais ou grupos creados “ex profeso” competirán nunha xornada de festa cantando temas que xiren en torno ó lema “Eh! Alguén te espera”.

O ano pasado non houbo concurso, ó se cumpliren dez anos dende que esta iniciativa botou a andar. Este ano, e xa co formato habitual, centos de persoas se congregarán na igrexa do poboado. Como sempre, haberá dúas categorías, infantil e xuvenil, como explican as bases. As cancións do primeiro grupo interpretaranse pola mañá, mentres que as dos participantes de 14 anos en adiante resoarán na igrexa tralo xantar. O xurado do festival está constituido por un representante de cada grupo que deberá valorar as cancións dos seus compañeiros.

Ademáis, haberá unha eucaristía compartida e un concerto-testimonio para rematar a xornada.

Este festival, xunto con outros como o de Ourense, é unha mostra de evanxelización dende a música, e de cómo se pode pasar unha xornada festiva, coñecer xente de moitos lugares e compartir a fe en comunidade.

A continuación, o horario do festival, que nos pasa a Delegación de Pastoral Vocacional:

10,00.- Chegada e acollida
10,30.- Saudo. Oración
(mentras reúnense os representantes dos grupos para sorteo e indicacións)
11,30.- Actuacións sección infantil
12,30.- Ensaio cantos
13,00.- Celebración
14,00.- Xantar
16,30.- Actuacións sección xuvenil
18.30.- Descanso. Merenda
19,00.- Concerto –Testemuño (Rogelio Cabado)
20,00.- Entrega de premios e diplomas ós participantes. Despedida

Cóntannos dende a delegación que o bispo, Manuel Sánchez Monge, achegarase ó festival nalgún momento do día, para ver a marcha da actividade e falar cos participantes.

Dende NF tentaremos estar presentes, e contárvolo para que o que non poida ir si estea dalgunha maneira no festival. Que gane o mellor!

.:NF:. As Pontes 96; un canto á vida
.:NF:.Eh! alguén te espera
.:NF:. Bases do Festival da canción vocacional (inscrición xa pechada)
.:NF:.As Pontes, igrexa xove que comparte a súa fe

As Pontes: Igrexa Xove que comparte a súa fe

11 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Música Ninguén dixo nada →

*Por Sonia González

Guitarra, de BoteroA miña experiencia no Festival da Canción Vocacional de As Pontes faise, cada ano, inesquecible. Hai tempo que veño de participar nel, primeiro de forma indirecta e, posteriormente, asistindo e vivíndoo en primeira persoa.

¿Que vos podería contar?

Pois… que hai moito de Igrexa Xoven, porque os rapaces e rapazas dan cor e savia nova ao grupo dos que nos dicimos seguidores de Xesús.

Hai moito de compartir a fe, porque a xente que adicamos parte do noso tempo e da nosa vida a transmitir o noso sentir por medio da canción, non facemos mais que regalar unha vivencia moi persoal da nosa fe.

Hai moito de testemuño por parte de todos os que, ano tras ano, se achegan a cantarnos e a compartir a súa palabra.

Hai moito de festa porque, si o Espíritu de Xesús vennos de dar alegría no corazón, compre agasallar a todos con esa alegría nun fermoso día de festa.

E tamén hai moito de agradecemento: a Deus pola Fe, á Igrexa porque é nai que acolle sempre, á Diócese por contar con nós, e a todos os que fan posible o Festival por creer que sempre hai unha palabra que decir en prol do Evanxeo de Xesús.

Só me queda unha cousa: seguir animando a todos a participar nun estupendo encontro que dun xeito ou outro vai marcando o noso camiño.

.:NF:. Eh, alguén te espera
.:NF:. As Pontes 96: Xesús, un canto á vida, por Antonio Valín
.:NF:. Bases do XI Festival da Canción Vocacional

As Pontes 96: Xesús, un canto á vida

07 Abril, 2006 Escrito por: Antonio Valín, director de NF Tema: Convocatorias, Música Xa van 4 comentarios →

Antonio ValínNo ano 96 arrancaba na nosa diocese unha inciativa nova para nós: organizar un festival de canción infantil-xuvenil (anque nas primeiras edicións participaron grupos non tan xoves), e facíao co lema Xesús, un canto á vida. O motivo era xuntarnos os distintos grupos que animan nas parroquias, colexios, grupos,… e ó redor da figura de Xesús de Nazaret, reflexionar, cantar, festexar… A resposta foi alucinante: cada ano participaban en torno ós 20-25 grupos e o encontro era un día completo de cancións, celebracións, concertos, festa e moitos amigos. Non só xugabamos na casa senón que grupos das dioceses veciñas tamén se animaron, e sempre co remate dun concerto dalgún grupo coñecido de música relixiosa. Xente como Brotes de Olivo, Javi Sánchez, Luis Alfredo, Luis Guitarra,… achegábanse ata o Festival, compartían connosco as súas cancións a súa experiencia de fe. Unha gozada!

Coa edición desta ano, xa van once, e o grupo que está detrás, anque foi cambiando algo, segue co mesmo entusiasmo de sempre. Para moitos, o encontro do Festival de As Pontes xa forma parte das nosas axendas persoais, e non só como un traballo, senón como unha oportunidade de atoparte con xente, de coñecer e facer novos amigos, de pasar un día a tope, de afondar na figura de Xesús, na súa chamada a cada un, no que el dixo, de orar… de rachar co de tódolos días e facer algo distinto.

Xuntámonos moita xente, pero entre todos hai un “sentimento” común: queremos cantarlle á vida, sentímonos vivos e queremos compartilo, e queremos cantar que hai Alguén, un tal Xesús, que nos anima, El é o canto á vida.

“Eh! Alguén te espera”

02 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Convocatorias, Música Xa van 2 comentarios →

Fai click para ampliarEste é o lema do XI Festival da canción vocacional que se vai celebrar en As Pontes o vindeiro día 22 de abril. Trátase dun festival musical aberto a todo tipo de cancións cun contido vocacional que xire en torno á chamada que Deus fai a cada un.

Como noutras edicións, hai dúas categorías, infantil (ata 14 anos), e xuvenil (a partires de 15) ás que poden concurrir todos os grupos que compoñan unha letra e música orixinais. Serán premiados os tres primeiros clasificados, tras a votación na que son xurado os representantes de cada grupo. A instrumentación das canción é libre e poderán presentarse cancións en castelán ou en galego. Iso sí, unha por grupo, tendo en conta que ninguén pode participar en máis dun.

O prazo de entrega e inscrición é o 7 de abril (aínda que consultando ós organizadores pódese ampliar de maneira excepcional), e as bases, de xeito máis detallado están xa a disposición de todos aquí.

.:NF:. Bases do XI Festival da Canción Vocacional

XI Festival da canción vocacional de As Pontes │ 22 de abril │ Inscricións e información no 982521000 ou en pastoralv@yahoo.es │ Prazo de entrega de materiais e inscrición: 7 de abril │

Concerto de Martín Valverde e Migueli en Santiago

16 Marzo, 2006 Escrito por: Javier Santiago, sacerdote diocesano Tema: Crónica de actividades, Música Xa van 5 comentarios →

A semana pasada, en Santiago, tivo lugar un concerto conxunto de Migueli e Martín Valverde. Nun salón de actos cheo a rebosar, dous dos cantautores cristiáns máis coñecidos interpretaron as súas propias cancións, nun clima de festa e oración. Nós, co noso experto en música e particular enviado especial, ofrecémosche unha crónica do acto. As fotos son cortesía da Delegación de Pastoral Xuvenil de Santiago, e foron sacadas por Rafa Sánchez-Agustino.

Escoita ó tempo que navegas!Esta canción chámase Nadie te ama como yo, de Martín Valverde.

Javier SantiagoDe seguro que hai moita xente que non lles soa nin por casualidade ningún destes nomes; Migueli e Martín Valverde. Eles son dous músicos-cantantes de signo cristián que evanxelizan coa súa vida e co seu traballo musical alí por onde pasan. Tanto Migueli coma Valverde despuntan no uso da guitarra e a calidade das súas voces, pero o que de verdade conecta co público é a súa sintonía con Xesús que lles levan a dar un testemuño claro e cercano dende o humor e a sinceridade cos que o transmiten.

Fai click para ampliar

O pasado xoves 9 de marzo ás 9:30 da noite en Santiago de Compostela tiven a oportunidade de asistir ó concerto deles, Migueli actuaba de telonero de Valverde, pero tanto un coma outro coas súas cancións e as súas reflexións foron quen de encende-los corazóns de tódolos que estabamos alí aquela noite. Neste concerto comprobei, unha vez máis, que a Palabra de Deus non está nin morta nin caduca, todo o contrario, pódenos abrir os ollos a moitas realidades que acontecen ó noso carón e que poden axudarnos a transformar o noso corazón e incluso ó mundo. Unha idea que resoou en boca de Valverde: “non pretendo que hoxe aquí creades en Deus… espero que descubrades que Deus sí cre en cada un de vós”;.

Fai click para ampliar

Hoxe deíxovos aquí dúas cancións, unha de Migueli e outra de Valverde. Da primeira(fai click para ver a letra) só fago comentario que as palabras de Migueli sobre a mesma me suscitaron: unha letra dunha canción cambia no seu sentido dependendo a quen lla esteas a cantar, nós vivimos na luz, nós podemos facer moito ben… que traducido ven a dicir que hai xente que vive na escuridade a causa do mal reparto que nós producimos. Respecto da canción de Martín Valverde (pincha para ver a letra)só dicir que é a canción máis coñecida en Latinoamérica fóra e dentro do ámbito da evanxelización, sobran comentarios, só facer unha invitación: sentir que as palabras do estribillo é Xesús quen as di no meu corazón e logo de descubrilo así, fondamente amado/a, senti-la chamada que me fai a dicirllo a outra persoa… “pues nadie te ama como El… fue por ti, fue porque te ama…”

.:NF:. Fotos do concerto

En Lanzós se apuesta fuerte por la música

12 Marzo, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Crónica de actividades, Música Xa van 9 comentarios →

Fai click para ampliar

En las parroquias pequeñas surgen, de vez en cuando, iniciativas nuevas, de ámbito cultural o formativo, que vertebran la convivencia y sirven como punto de referencia para los participantes. Ese es el caso de los coros parroquiales.

En una ciudad, o en un gran pueblo, parece obvia la existencia de pequeños grupos, a veces de catequistas, que hacen de la misa una celebración más agradable. Como decía el profeta: “quien canta, ora dos veces”. Pero no es tan fácil ver coros que salgan adelante en pueblos más pequeños, o incluso en aldeas. En la parroquia de Lanzós (en Vilalba) han desafiado esta especie de ley, creando un coro que funciona tan bien como para grabar un disco. Y sólo llevan tres años cantando.

Son personas en su mayoría sin grandes conocimientos musicales, que por iniciativa del cura, comenzaron a ensayar de la mano de Manuel Gómez. Él mismo relata para Nova Fronteira su experiencia:

Nos gusta cantar, y desde las canciones que vamos incorporando a nuestro repertorio, también ahondamos en el sentido de las celebraciones, de la liturgia de cada domingo, en el significado de la eucaristía y la participación de cada uno en ella.

Nos cuenta Manuel que el año pasado se decidieron a grabar un disco de villancicos. Pero no para hacerse famosos o ganar dinero. Nada más lejos. Con un precio simbólico, y tras haber pagado los costes de grabación, todo lo recaudado se destina a la parroquia, a restaurar su retablo.

Un coro parroquial como el de Lanzós sirve, además de para animar las celebraciones habituales, para dinamizar la vida parroquial. Se ven a menudo para ensayar, y se promueven relaciones entre los vecinos que, de otra manera, seguramente no se desarrolarían. Manuel Gómez es muy claro:

El coro nos proporciona el poder vernos, reunirnos, compartir buenos momentos que no sólo queda aquí sino también en otro tipo de encuentros festivos que van haciendo que se consolide. Estamos muy orgullosos de nuestro coro, incluso nos llaman de las parroquias vecinas para algunas celebraciones especiales. Lo mejor: que podemos hacerlo, que nos lo pasamos genial y así, vamos dando más vida a nuestra parroquia.

Si en menos de tres años ya tienen un disco, a nadie le extrañaría que la actividad de este grupo parroquial se fuera incrementando con el tiempo. ¿Una nueva promesa en la música religiosa?

*El coro parroquial de Lanzós está dirigido por Manuel Gómez, a quien agradecemos el material proporcionado. Para ampliar la imagen… ¡haz “click”!