.:Nova Fronteira:.

Benvido a NF. Un blog feito desde a diocese de Mondoñedo-Ferrol (Galicia), onde te podes expresar. Un punto de encontro para a xente nova

Archive for the ‘sobre a web’

Santo Xuño

12 Junio, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Xa van 335 comentarios →

Para os estudiantes, o mes de xuño é sagrado. Acábase un camiño iniciado en setembro ou outubro. Selectividade, exames finais, os últimos coletazos dun curso académico que nos fai saber que somos un ano máis vellos.

Cando chega xuño hai menos tempo para todo. Case todos os colaboradores de Nova Fronteira son estudiantes ou docentes, o que fai que coste máis escribir, por falta de tempo ou porque a angustia das probas require máis concentración da conta.

As nosas portas seguen abertas, e o noso enderezo de correo electrónico segue a funcionar, para todo canto material, crónicas de actividades ou ideas para lanzar ó mundo queiramos compartir entre todos.

De feito, trataremos de manter a actividade durante o verán. Fagamos de Nova Fronteira a fiestra na que nos encontrar con tanta xente á que probablemente non veremos ata que as aulas empecen a quentar motores.

E… se a necesitades… Moita sorte nos exames!

  • Últimas actualizacións na sección parroquias:

.:NF:. Vilalba -Pinchos solidarios por Malawi (da man das catequistas Angeles, Carmen e Mª Cruz)

.:NF:. Vilalba – Festa de Pascua (fotos e crónica de Angeles, Carmen e Mª Cruz, catequistas)

Fenómeno pAscUA XovE

21 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: Música, Pascua Xove, sobre a web Xa van 6 comentarios →

Fai click para ampliar

Ya tenemos las fotos de la Vigilia Pascual disponibles para todos, así como algunas otras de la Pascua Xove, de varios días. Se pueden consultar en nuestra sección fotos.

Si teneis alguna más y quereis compartirla, no dudeis en escribirnos.

Además, os ofrecemos una canción que seguro que os suena. Se llama “En mi debilidad” y es del popular grupo de música religiosa Brotes de Olivo.

Escucha al mismo tiempo que navegas!Esta canción se llama En mi debilidad, de Brotes de Olivo.

  • La actividad de la página

Nova FronteiraNF vive unos días de agitación. La participación es notable, con numerosos comentarios. Unos son graciosos, otros usan el lenguaje de los sms, que a los no acostumbrados dificulta un poco la lectura, y otros hablan de experiencias y de sentimientos.

Es una gozada el ver que el trabajo que NF realizó esos días en Mondoñedo sirvió de algo. En los tiempos que corren, la web se rebela como un vínculo de unión, también de los cristianos, que puede servir para muchos fines: uno de ellos es evangelizar, otro dar publicidad a nuestras actividades, y otro, y no menos importante, servir para el debate.

En unos días publicaremos nuestro siguiente “a fondo“, que llevará por título: “compromiso xuvenil, unha quimera?” en el que podremos seguir expresando nuestras opiniones como de costumbre.

Desde Nova Fronteira reiteramos nuestra disposición a aceptar sugerencias, comentarios e incluso colaboraciones para publicar en nuestro blog. Hagamos de esta iniciativa un lugar para todos.

De momento, anunciamos agradecidos que nuestro contador está a punto de batir las 10.000 visitas. Tras el comienzo de nuestras andanzas, en enero, hemos publicado más de 140 entradas y más de 160 comentarios han enriquecido estas aportaciones. Además, hemos abierto el espacio a las dudas, consultas y consejo a través del correo electrónico por parte de tres sacerdotes jóvenes de nuestra diócesis, un montón de fotos pueden verse en la red. En unos días presentaremos una sección “recursos” con contenidos disponibles para clases de religión, catequesis…

Los que hacemos Nova Fronteira queremos daros las gracias, empezando por el director y siguiendo por todos los colaboradores, y os emplazamos a seguir de cerca la actividad de la página. Lo mejor está por llegar.


.:NF:. Fotos de la Pascua Xove 2006

Fai click para ampliar

E ti… como vives a Semana Santa?

08 Abril, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web 1 persoa dixo algo→

ProcesiónA maioría dos estudiantes xa están na casa. Tocan uns días de descanso, en pleno mes de abril, que recordan que non tardarán moito en chegar as vacacións de verán, tras o duro periodo de exames.

Son, de seguro, as vacacións máis extrañas do ano. Unha semana (ou 10 días) cun especial significado para os cristiáns. Para os non crentes, estes días supoñen a oportunidade perfecta de ir á praia ou facer algunha viaxe apaixoante.

En NF non pechamos, pero si vos desexamos uns días de descanso a todos. A partires do mércores traballaremos dende Mondoñedo, para cubrir a Pascua Xove. Pero ó mellor ti es dos que lles gusta vivir a Semana Santa no teu pobo, ou doutra maneira. Animámoste a que nos comentarios nos contes qué é o que farás, e nos invites á túa Semana Santa particular.

.:NF:. Definiendo al sacerdote, nova aportación para o noso “a fondo” sacerdotes de hoxe en día, da man de Mª Cruz Bello

Exames

31 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Xa van 5 comentarios →

Día da paz

Comeza febreiro, e con el, a época de exames para os universitarios. Días para o estudio máis intensivo, para os agobios ou para tentar condensar e memorizar a materia de catro meses. Menos actividade social (e menos visitas a NF, segundo o contador), máis viaxes ás bibliotecas (que se enchen), e máis oracións que de cotío, esperando a aparición milagreira dun santo, ou a inspiración divina.

Aínda que cremos nalgúns milagros, por se acaso, moita sorte a todos!

Ampliamos sección, coa vosa axuda

23 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Ninguén dixo nada →

Estreamos sección recursos en Nova Fronteira. De momento ten moi pouca cousa, pero a nosa intención é ofrecer un espacio de descarga para profesionais da ensinanza de relixión, catequistas, educadores… ou mesmo material para a reflexión ou oración propia.
Dende aquí facemos un chamamento a todos os amigos desta páxina, para colaborar e que esta sección se convirta nun lugar de material compartido. Se tes presentacións, guías, material de oración, xogos educativos… en definitiva, recursos educativos e de sensibilidade cristiá, non dubides en mandárnolo ó noso e-mail. Deberás indicar a autoría, os teus datos, e unha breve descripción (unha ou dúas liñas, co tema e tipo de recurso).
Esperamos as vosas aportacións, para que NF sexa tamén unha grande posta en común útil para todos os nosos visitantes

Alcanzamos as 1000 visitas

13 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Xa van 4 comentarios →

NF chegou ás 1000 visitas en dez días. Así o confirma o noso contador, que tamén nos informa de que recibimos algunha visita do estranxeiro (Francia, Italia, México). Claro que iso non quere dicir que 1000 persoas distintas viran a web, senón que www.novafronteira.org mostrouse 1000 veces nos ordenadores dos nosos visitantes.

Ademáis, estamos recibindo mostras de apoio de moitas partes da diocese, e de fora dela, polo que queremos dar as gracias a todo o mundo que se interesa por este novo proxecto.

Tamén é de sinalar que algunhas webs nos incluiron na súa sección de enlaces, e mesmo nos recomendan. A todos eles, moitas gracias.

Por último, queremos invitarvos a que comentedes sen medo e con respeto no noso blog, en aquelas entradas que vos chamen a atención. Ademáis, se queredes colaborar ou información máis personalizada, non dubidedes en nos escribir. Saudos de todo o equipo de novafronteira.

Operación retorno

08 Enero, 2006 Escrito por: Redacción NF Tema: sobre a web Xa van 10 comentarios →

Regreso

Acabáronse as vacacións para os estudiantes (e os profesores). Toca voltar ós estudios e ó traballo. Para os universitarios tamén implica xeralmente deixar o fogar, a comida de mamá e ós amigos de toda a vida. Dende Nova Fronteira queremos desexarvos que a “operación retorno” non sexa traumática e que a volta á normalidade vaia ben. Nós seguiremos por aquí, durante as rebaixas, a costa de xaneiro e o tempo que vós queirades.

  • Actualizacións na sección Parroquias:
  • A parroquia de Santa María de As Pontes únese a NF, con fotos da súa excursión de catequese ós beléns de Begonte e Roupar. Benvidos!