.:Cine:. Moladeé, un canto contra a ablación
Un tema de rabiosa actualidade segue a ser o da ablación feminina que aínda perdura en moitas culturas, sobre todo do mundo africano. A loita contra ela e a defensa das mulleres converteuse nun dos obxectivos de moitos organismos e movementos internacionais que defenden os dereitos da muller no mundo.
Este é o tema que presenta esta película do veterano escritor e xornalista senegalés Ousmane Sembene; con ela gañou o Premio “Una cierta mirada” no Festival de Cannes 2004.
Moladeé, significa protección en varios idiomas africanos. Será a palabra empregada por Collé, segunda esposa dun comerciante que vive nunha pequena aldea de Burkina Faso, cando se dirixa ó espírito dos seus ancestros. O feito sucede cando Collé acolle na súa casa a catro nenas que non queren “ser cortadas” e fuxen da cirimonia de ablación. Esta acollida vai desencadea-las críticas furiosas do sector máis puritano da poboación, así como vai facer emerxe-la rebeldía de tantas mulleres oprimidas.
O tono do film é claramente denunciatorio, duro coa visión da vida, dos costumes e da fe que teñen pouco aprecio á vida humana, palpable no aspecto da ablación e poligamia. Ás veces, chega a ser duro nas súas esceas, pero Sembene procura empregar un sobrio realismo, incluso con pinceladas de humor , algunhas cercanas ó absurdo.
É unha película ben interesante, que nos achega a unha realidade lonxana para a nosa cultura occidental, que denuncia e nos fai pensar sen caer na rápida crítica emanada das nosas tripas senón pensada desde a igualdade, a protección e valoración do ser humano, sexa quen sexa.
|Dirección e guión: Ousmane Sembene| 2004, Drama |117 min | Música: Boncana Maïga | Data de estreno: 18/03/05|
Nota: Dentro duns días trataremos o tema dos malos tratos en NF, un asunto ante o que todos temos opinión. Estade atentos!
Ademáis, buscamos un colaborador para facer reseñas de películas de cine. Se estás interesado, non dubides en nos escribir



