De novo, en casa…
A verdade é que nunca nos fomos, pero si hai que recoñecer que estivemos moi liados noutras cousas, e ata agora, non puidemos retoma-lo traballo da nosa páxina; pero por fin, xa estamos de novo na casa, e con moitas e renovados pulos.
Nesta ocasión, gustarianos dar máis cancha a cantos nos seguides. Ás veces, estamos envoltos en polémicas, temas, e discusións que están na rúa, que tamén nos fectan a nós, e que sería moi bo compartir aquilo que pensamos e sentimos.
É por iso, polo que, neste comezo de curso, queremos pedi-la túa opinión sobre un tema que deu bastante que falar neste tempo, e seguirá no mes que vén ante a iaxe do papa a Turquía. Como podes intuir, o tema que propoñemos a comentario, é o discurso do Papa Benedicto XVI na universidade en Ratisbona, e as múltiples reaccións que este provocou.
Foi sorprendente a maraña de reaccións ante esas palabras pronunciadas polo papa, tanto no mundo musulmán coma no católico, e incluso, en ambientes lonxanos a esta realidade. Que hai detrás? que quixo decir? por que esas reaccións?,… son cuestións que están no fondo do sucedido, e tamén, en moitas das nosas conversas.
Queremos que nos digas cal é a túa opinión, que significado cres que ten, que entramado pode haber debaixo de tanta visceralidade,… Non é un mal tema para empezar.
Ah! e recorda que Nova Fronteira facémola entre todos: os teus comentarios, fotos, actividades, suxestións,… calquera cousa que penses sexa interesante compartila,… aquí te-lo teu espacio.
Por fin, xa está, de novo… na casa.



