Día Mundial da paz

Hoxe é o Día Mundial da Paz. Unha festa que na actualidade parece celebrarse só na escola. Nós celebrámolo á nosa maneira, falando de cine e lembrando algún poema. No día de hoxe o equipo de NF deséxavos a todos toda a paz do mundo, todo o amor que o corazón do home é capaz de dar.
Xeneral, o teu tanque é máis forte ca un coche
Xeneral, o teu tanque é máis forte ca un coche.
Arrasa unha fraga e aplasta a cen homes.
Pero ten un defecto:
precisa un conductor.
Xeneral, o teu bombardeiro é poderoso.
Voa máis axiña que a tormenta e carga máis ca un elefante.
Pero ten un defecto:
precisa un piloto.
Xeneral, o home é moi útil.
Pode voar e pode matar.
Pero ten un defecto:
pode pensar.
Bertold Brecht



