Diñeiro, discoteca, condón, coches, moda e alcol
A semana pasada coñecimos outro estudio, dos moitos que se fan, sobre os gustos da xente nova. O que pensan, o que persiguen, con qué se identifican. O estudio, que podes descargar enteiriño aquí en pdf, foi encargado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción.
Fixéronse 1.200 entrevistas a domicilio, a xoves de entre 15 e 24 anos, e as conclusións son, entre outras, as seguintes:
- Os iconos de identificación máis potentes son, por esta orde: o diñeiro, a discoteca, o preservativo, os coches, a moda e o alcol.
- Nunha escala do 1 ó 10, o icono nazi ocupa o derradeiro lugar, o penúltimo o Parlamento, e os antepenúltimos os okupas e ultras de fútbol.
- Sobre o futuro profesional, escollen con máis frecuencia da esperada a carreira de profesor, deportista e traballador de outros oficios en contraste cos tradicionais de xuiz, avogado ou militar.
- As rapazas optan máis polas profesións docentes, de ciencoas humanas ou de acción social, e os rapaces prefiren profesións empresariais, non universitarias e de deportistas.
- En canto ás drogas, o consumo iguálase por sexos, sendo a idade de repunte os 17 anos, aínda que ós 15 xa hai grandes cotas de consumidores, sobre todo de cannabis.
- Consumen máis drogas os que se decantan diréctamente de dereitas ou esquerdas, así coma os ateos ou agnósticos.
- Segundo outras enquisas, o consumo de cocaina duplicouse dende 1999 pola caida do seu prezo.
Estes son os datos, que podes ver resumidos en moitos medios de comunicación. Pero… ¿Qué pensas ti?



