Dous días para o amor e as familias
Baixo o lema “Amor e familia”, o amor cristián e de parella, o matrimonio, a educación na familia… serán tratados no encontro interdiocesano de animadores que se celebrará en Santiago os vindeiros 1 e 2 de abril.
Trátase dun encontro organizado por tódalas delegacións de xuventude das dioceses galegas, que contará con ponencias e talleres durante unha fin de semana. Entre os ponentes, o bispo de Mondoñedo – Ferrol, Manuel Sánchez Monge, que falará sobre o matrimonio cristián e presidirá a eucaristía do primeiro día. Tamén se escoitarán testimonios de matrimonios xoves, entre outros.
A este curso poden asistir animadores maiores de 18 anos de toda Galicia, e a data límite para enviar a inscrición é o 24 de marzo.
Sábado 1 de abril
10,00 Acollida
10,30 Oración
11,00 Ponencia: “O amor que é e que non é”, Fernando Moreno Muguruza
12,00 Descanso
12,30 Ponencia: “O matrimonio cristián”, Manuel Sánchez Monge
14,00 Xantar
16,30 Ponencia: “Educación na familia dende a liberdade”, familia Olguín
18,00 Café
18,30 Mesa redonda cos ponentes
20,00 Eucaristía presidida por Manuel Sánchez Monge
21,00 Cea e festival de títeres, co grupo Valiván
Domingo 2 de abril
09,00 Almorzo
10,00 Oración
10,30 Taller
12,00 Descanso
12,30 Comunicacións: Xornada Mundial da Familia de Valencia
14,00 Xantar
16,30 Eucaristía
17,30 Despedida
|Encontro Interdiocesano de Animadores “Amor e familia”| Casa de espiritualidade do Campus Sur, Santiago de Compostela |1 e 2 de abril | Información e inscripcións: Dedinex, Avda/ As Pedreiras, 27800 Vilalba. Teléfono: 982510406 | Precio do curso completo (pensión completa): 30¤ |



