¿ É o que oio o que me gustaría oir?
Neses momentos nos que remata unha clase e te preparas para a seguinte, cando ninguén pensa máis que en a ver cando se remata xa a mañá, atópome de repente con que hai xente que comenta cousas como: “ como pode haber xente que crea o que alguén escribiu fai moitos anos?” “ Como aínda pode quedar xente que se adica a ir á misa nos tempos que vivimos? Non teñen nada mellor que facer?” “ Como alguén pode crer que un Señor dixo levántate e anda, e iso cumpriuse?” No outro extremo do pasillo oio que outros contestan dicindo: “ é mito ou realidade? “ Que hai de malo en escoitar o que para min é importante?” “ Como alguén pode crer no que un adiviño conta e non poda entender que eu creo nunha historia trala que se atopa unha realidade?”
Comentarios como estes rodéannos diariamente atopémonos onde nos atopemos. Xente que intenta comprendernos, xente que non o intenta, xente que cre coma nós, xente que discrepa con nós, xente con inquedanzas, xente “pasota”, pero en resumo, xente, xente para quen a relixión, dun xeito ou doutro, forma parte dos seus pensamentos, e incluso ás veces, sen sabelo están no fondo das súas actitudes.
Pero ás veces, non é doado combatir esas opinións, especialmente no mundo universitario, onde a maioría pensa ao revés de min. Cada vez vivo con máis tristeza eses comentarios sabedora de que todo o que poda decir é motivo de risas. Pero aínda así, ese Algo supón algo na miña vida, e seguirei aí onde estou e vivindo o que vivo. Non é cousa de facer moitas fazañas, senón de ir pouco a pouco dándose conta de que ser indiferente non chega, pero ir en contra tampouco serve.
Aínda así, con esto, os que cremos acabamos por pensar, que temos Algo en que creer, Alguén a quen seguir, unha mensaxe que transmitir, en conclusión, unha misión que cumplir.



