E ti… como vives a Semana Santa?
A maioría dos estudiantes xa están na casa. Tocan uns días de descanso, en pleno mes de abril, que recordan que non tardarán moito en chegar as vacacións de verán, tras o duro periodo de exames.
Son, de seguro, as vacacións máis extrañas do ano. Unha semana (ou 10 días) cun especial significado para os cristiáns. Para os non crentes, estes días supoñen a oportunidade perfecta de ir á praia ou facer algunha viaxe apaixoante.
En NF non pechamos, pero si vos desexamos uns días de descanso a todos. A partires do mércores traballaremos dende Mondoñedo, para cubrir a Pascua Xove. Pero ó mellor ti es dos que lles gusta vivir a Semana Santa no teu pobo, ou doutra maneira. Animámoste a que nos comentarios nos contes qué é o que farás, e nos invites á túa Semana Santa particular.
.:NF:. Definiendo al sacerdote, nova aportación para o noso “a fondo” sacerdotes de hoxe en día, da man de Mª Cruz Bello



