.:Encontro de Milán:. “As oracións cos protestantes e ortodoxos demostrábannos que na maioría dos casos, as diferencias poñémolas nós”
Reproducimos unha colaboración en exclusiva para a nosa páxina dunha das participantes no encontro de Taizé en Milán:
Cando che propoñen unha alternativa para vivir os último días do ano fora da túa cada e cunha oración pola Paz, sempre pensas se será unha boa experiencia. É entón cando decides botarte “á aventura” e aceptar a proposición que tan ben soa… Tes información sobre somo vai ser, pero nunca te imaxinas o que alí vas vivir… Este ano, como seguramente sabedes, era o turno de convivir en Milán no encontro organizado polos irmáns de Taizé.
A experiencia vivida durante 4 días, foi verdadeiramente interesante e incrible, e non atoparía a palabra adecuada para definila. Os Irmáns de Taizé déronnos a oportunidade de compartir a nosa fe con máis de 120000 50.000 xoves de todo o mundo con quenes tiñamos en común a crenza nun único SER. É incrible ver a escasa pero gran diferencia que nos separa dos outros cristiáns, os protestantes e os ortodoxos. As oracións en común con eles demostrábannos que na maioría dos casos, as diferencias poñémolas nós, e en moitas ocasións sen ter razón xustificada. Deberiamos fixarnos simplemente en que todos temos un Pai en común e quedarnos co bon que cada un de nós pode aportar, tanto católicos, como protestantes como ortodoxos., sen xuzgarnos entre nós tan pésimamente como normalmente o facemos.
Tivemos tamén a ocasión de ver como funciona a vida cristiá nas parroquias da Diócese de Milán, a xente que nos acolleu era xente cunha fe inmensamente grande, e irse a Milán pasar estes días sérveche, entre moitas outras cousas para darte conta que gran cantidade de xente, de xoves, que son crentes coma ti, quedándoche claro que inda hai moita xente cunha crencia inmensa que che fan pensar que nada diso que se comenta de que os xoves xa non temos ningún vínculo coa Igrexa e que xa non nos importa nada do que nesta pase, é certo. Está claro, e é moi triste recoñecelo, que non os 120.000 xoves que alí estabamos era pola nosa fe, pero a maioría si sabiamos ao que iamos, e temos que quedarnos con iso.
Por iso, desde aquí, quero invitarvos a todos a que vos animedes a participar nos encotros que os Irmáns de Taizé nos ofrecen cada ano, é unha experiencia que non ese esquece e que che axuda moito a nivel de fe, porque te atopas arroupado por xente que, coma ti, teñen un Pai, e fano saber ao mundo enteiro.
Parece ser que o número de participantes achegouse máis a 50.000. Así o afirman as prediccións e posteriores noticias de axencias cristiás . Algúns medios fan interpretacións máis optimistas e falan de 100.000 participantes, pero polas experiencias que xa tivemos en España xa sabemos que é moi difícil medir a participación…



