Exercicios espirituais en Nadal
Chéganos a convocatoria dos exercicios espirituais deste ano, que organiza Dedinex. Unha boa ocasión para reflexionar e por en limpo moitas cousas… Di Dedinex:
Queremos con esta convocatoria facerche unha proposta para estes días: un pequeno espacio de oración-convivencia no Seminario de Mondoñedo.
Sería os días 26 ó 28 deste mes: chegariamos o primeiro día ó redor das 12 e rematariamos co xantar do día 28 (e non é ningunha inocentada).
Estará connosco un cura ben coñecido na diocese, Segundo Pérez, que xa nos ten axudado nas actividades de tempo libre e de Pastoral Xuvenil.
Se estás interesado, só tes que mandar os teus datos (os de contacto: nome completo, dirección postal e electrónica, teléfono), idade e parroquia a dedinexmf@yahoo.es ou chamar a este teléfono antes do día 22: 982510406 (preguntando por Valín).
Ah! recorda trae-lo saco de durmir, un boli, caderno, Biblia e o necesario para pasar estes días.
Anímate! son días de moito lío, de andar dun lado para outro, pero tamén de pensar, orar e ver cómo Deus se achega a nós e de qué xeito o fai. Contamos contigo.



