Homes e mulleres non somos iguais
¡Tranquil@s! só vos pido que rematedes de ler estas liñas. Sei que o título é polémico, discutible, opinable, pero permitídeme, tamén respetable. De seguro que algunhas mulleres e homes que o estades a ler me tachades de machista, de seguro que sodes desos homes e mulleres que non me coñecedes. Todo tén a súa explicación. Entendédeme ben, os dous somos iguais en dereitos, en dignidade, en oportunidades laborais e de todo tipo, incluso ben sabedes que me gustaría que na Igrexa a muller tivese cada vez máis un papel saliantable, importante, punteiro, con cargos de responsabilidade…
Pero, non me refiro a esta desigualdade. Unha das razóns que se aluden para explicar os malos tratos ás mulleres é precisamente dicir que os homes non respetan que as mulleres teñen que ser iguais ca nós. ¿De verdade credes que os homes e as mulleres temos que ser iguais? A nosa ministra de sanidade dixo fai uns días en Xinebra que ” A violencia de xénero non se exercería contra as mulleres se os homes as considerasen iguais, temos que avanzar en políticas de igualdade”. Permítanme dicir a isto, que si realmente pensamos que a xénese dos malos tratos está nesta pretensión de igualdade, mal encamiñados imos. Evidentemente non podemos pedir que unha muller teña (xeralmente) a mesma forza física ca un home, non podemos pedir que un home (pola súa constitución psicolóxica, e falamos xeralmente), teña a mesma sensibilidade para a beleza, para o cuidado físico, para os detalles, para a dozura, para a ternura incluso…, características que as aporta o seu ser de nais, ou de futuras nais… nesto, non somos iguais, e non por desgracia senón diría eu, gracias a Deus, e que nos podemos enriquecer nesta diversidade.
¿Cal é a razón, pois, baixo o meu punto de vista, dos malos tratos? Supoño que non debemos de xeralizar, pero aí está a prepotencia, o saber que esa muller non poderá respostar a esa abofada (e por iso xa non se queda só nos insultos, que si son contestables), o querer ter un dominio total e absoluto sobre “alguén” que cren da súa posesión, e evidentemente tamén está o desequilibrio mental, psicolóxico que debe de correxirse. Permitídeme rematar cunha pregunta, ¿é posible maltratar e incluso matar a alguén a quen amas profundamente se non é debido a un desiqulibrio mental? A razón máis poderosa creo que é esa.
Espero que un día podamos ver que os malos tratos van a menos, pero nunca foron nin serán erradicados, porque sempre teremos a xente que se adique a aniquilar o que xa non poden controlar ou dominar. Coidemos destas mulleres, teñámolas preto de nós, axudémoslles a sair adiante, escoitémolas e axudémolas desde o noso ser de Igrexa a poder reconstruir unha vida digna que é o que todo ser humano se merece.



