Non me extraña; ¿ou si?
Unha das excusas máis recurrentes na actualidade para explicar a ausencia nos oficios eucarísticos é o de mentar o aburridos que son estos encontros. Non deixa de ser certa esta afirmación, porque eu tamén me teño aburrido e me sego a aburrir algunhas veces, e a outra moitísima xente pásalle o mesmo, incluso a moitos/as de misa diaria lles resulta máis productivo o rezo do rosario ou dalgunhas oracións que atender ó que no Banquete Eucarístico se está a dicir e vivir; pero non por certa deixa de ser sorprendente esta afirmación.
Cando un se aburre cos seus amigos propón novas formas de divertirse, de pasalo ben, de disfrutar dos ratos que pasan xuntos…; cando a un non lle gusta o cine busca a diversión e o entretemento nas discotecas, ou noutras formas diversas, cando un non se divirte na misa, simplemente non vai, etc. Pero… ¿A misa é un divertimiento ou tén que ser algo máis ca iso? Quizáis estamos a buscar un circo, un teatro, un concerto…, pero non nos decatamos que estamos nun acto religioso que non tén que ver con esto directamente ainda que sí o poda incluir como “signum” (calquera cousa que evoca ou representa a idea de outra) que nos leva a Deus. A misa é encontro de acción de gracias a Deus no medio dunha comunidade e mediante uns signos. Eu pregúntome, si os signos que se empregan na Eucaristía non os entende case ninguén, ¿por que nos empeñamos en seguir empregándoos? ¿Se un día non sabemos que significa unha sinal de tráfico, non estaremos a correr o risco de ter un accidente?
Abogo por realizar un esforzo entre todos para facer destos encontros con Deus, encontros alegres, entendibles, que digan algo para a vida, que nos den vida. Abogo por mollarnos, a solución non está en cambiar ou fuxir (como nos divertimentos) senón que está en implicarse para que sexan como “eu” (calquera de nós) creo que deben de ser, como Deus me pide a min que sexan. Sinceramente penso que se facemos un esforzo e somos libres, podermos recuperar a verdadeira importancia da Eucaristía.



