Nós tamén…. e tí?
Un dos nosos formadores informounos da existencia de Nova Fronteira e propúxonos participar nalgún dos temas dos que nela se falan. Pero deixar un comentario sabíanos a pouco e por iso un día, coa súa axuda, xuntámonos todos e debatimos sobre o tema: “abúrrome en misa”.
Que curioso! Nós tamén! Aínda que resulte raro dicilo nós tamén nos aburrimos na misa. Se cadra temos máis experiencia de eucaristías que moitos dos xoves da nosa idade, pois estar no Seminario lévanos a participar, ou polo menos a asistir a máis misas á semana.
Despois de xuntarnos e falar de qué nos aburre, qué nos gusta e qué propoñemos para cambialo sacamos varias cousas en claro.
Entre todos chegamos a conclusión de que nos aburríamos na misa principalmente porque non a sabemos valorar, non nos centramos no que estamos a facer, que ás veces se fai longa para a nosa forma de ver o tempo.
Quizais pola idade na que estamos e pola nosa forma de pensar fáisenos monótona e moi estructurada. As homilías que non son cercanas a nós son difíciles de entender para o noso nivel, e fai que nos aburramos máis fácilmente.
Tamén hai cousas que nos gustan. Valoramos as lecturas, cando nos ensinan algo. Gustanos cando comulgamos coas dúas especies, cando os tempos de reflexión son adicados a unha boa causa, o xesto da paz (porque o entendemos e o vivimos), as boas e cercanas homilías ou tamén participar na misa como monagos. O que máis nos ilusiona é poder participar nalgunha parte da celebración.
Todos xuntos pouco a pouco fomos sacando algunhas propostas para poder facer máis “amenas” as misas:
- Homilias coas tres “c”: claras, cercanas, e cortas.
- Que o cura que celebra sexa cercano, nos entenda e nos teña en conta.
- Tamén sería bo que a liturxia se adaptase un pouco a nós para transmitirnos mellor o sentido da Eucaristía.
- É moi motivante a Ecaristía nas que podemos colmulgar coas dúas especies, non o facemos sempre, pero sí no Seminario. É diferente.
- O lugar de celebración tamén é bo coidalo. Non hai por qué ser moi rigoroso nas formas, pero si moi acolledor e que se nos invite ó que se celebra. Incluso ó aire libre pódese celebrar ben.
Estas son algunas das nosas ideas sobre un tema que aínda que nos poida aburrir, nos parece tamén importante. Gustounos moito colaborar e seguro que en vindeiras ocasión daremos a nosa opinión.
Iván, Javier, Adrián A., Jorge, Adrián G., Celso, Aitor, Adrián S., Xoel, Alberto e Fran son alumnos do Semianrio Menor de Santa Catalina de Mondoñedo. Na foto, con Rubén Prieto, o formador que dirixiu o debate.



