Un fenómeno que incomoda

Hoxe preséntovos un novo “a fondo” sobre o que non teño unha clara opinión: o botellón. E iso que o vivo ben de cerca pois onde resido é frecuente, sobre todo agora que mellora o tempo. Sempre me deu respecto a mezcla xove-alcol, sobre todo se o xove é moi novo; pero creo que no tema do botellón hai moita hipocresía.
A xuventude sempre ten un punto de rachar co establecido, e creo que debe ser así. Son froito do que mamaron e os adultos transmiten. Preocupa o botellón, pero por qué? pola suciedade e ruido? polo lío e pelexas que poida provocar? pola cantidade de alcol “peléon” que corre? Dame a impresión de que cando nos queixamos do botellón é porque ataca, cuestiona ou incomoda a nosa forma de vida “politicamente correcta”, ou porque supón un coma etílico co que non contabamos e nos pon o corazón nun puño..
Teriamos que cuestionarnos por qué hai xoves que o fan, e que en último caso sempre hai algún adulto responsable: onde está? E creo que aquí non valen as desculpas.
Parécenos preocupante, pero ninguén fala da facilidade para acceder ó alcol (supermercados, bares,… que anque non permitan a venta,… xa sabemos todos o que pasa); se o fan sen que se vexa, non ocurre nada, pero que estean no meu portal, no xardín ó que dá o meu cuarto, na praza onde levo os nenos a xugar,… iso si que non.
Non sei cal sería a solución; desde logo prohibilo non, e lamentarse tontamente, tampouco. Pode que haxa que facer unha revisión de cómo educamos, pero sei que iso dá medo.
Un día, alguén me dixo que era fácil falar porque non teño fillos; pode ser, pero tamén é verdade que os fillos son persoas (corpo, sentimentos,razón, espírito,…) e polo tanto non son de xuguete; hai que estar con, dedicarlles tempo e corre-lo risco de deixar que medren, pataleen e sexan inconformistas co recibido. Desde logo, creo que aquilo de “los niños aprenden lo que viven” segue a ser unha realidade.
Sigo dicindo o mesmo, non teño clara a miña postura ó respecto. Penso que hai alternativas pero que as teñen que descubrir quen fai botellón: de pouco sirve darlle pan a quen non ten fame nin quere comer. Ós adultos, o que lles queda é acompañar e sobre todo, pensar e pensar en que hai detrás.



