O meu Paso da Semana Santa á Pascua Xove
A miña vida “pascueira” comezou fai só 4 anos, pero seguro que a algún xa lle parece ¡moito!. Relamente cando te sentes a gusto onde estás e facendo o que fas, o tempo nunca se fai demasiado e sempre che parece que todo pasa moi rápido…
O meu coa Pascua, surxiu de casualidade, por así dicilo, nunha inesperada clase de relixión na que se nos propoñía una nova maneira de vivi-la Semana Santa… pero, parecía non ter moito éxito entre nós… A min ao comezo non me acababa de encher de todo, para que enganarnos, pero tampouco o dubidei nada, e boteime á “aventura”. Pillei a maleta e funme rumbo ao Seminario de Mondoñedo, como non, o xeito máis normal de pasar a Semana Santa… ¿verdade? Pois para min, agora si, é máis, é o único xeito, e a mellor forma de descubrir a Xesús morto e resucitado nesa época tan marcada para toda a vida cristiá.
Alí, fun capaz de entender moitas cousas que antes non sabía nin pensaba, foi un antes e un despois na miña fe acudir á Pascua Xove e descubrir cantas cousas podes chegar a sentir e a vivir en ¡4 días! Todo pasa de xeito diferente, todo sucede por algo, e todo é como é porque Alguén quixo que fose así.
E como xa dixen, se levo xa 4 anos indo… será por algo… ¿ou? Agardo que vós, ao igual que eu, non dubidedes en vir pasar a Mondoñedo estes días tan importante dunha forma diferente.
.:NF:. Convocatoria da Pascua Xove
Para vir á Pascua só tes que mandar un correo electrónico a pascuaxove@gmail.com , indicando o teu nome completo, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto, idade, e parroquia á que pertences.




