O noso monte Tabor
“ Seis días despois colleu Xesús a pedro Santiago e Xoan e subíu con eles sós ó coto dun monte. Alí transfigurouse na súa presencia. Os seus vestidos viráronse resplandecentes, brancos coma ningún batanero do mundo os podería branquexar.” (Mc. 9, 2-3)
Tamén nosoutros precisamos un Tabor nas nosas vidas; precisamos no medio de tanto traxín, de tanta tensión, de tanta dor e sofrimento verte resplandecer, porque si non te vemos…que será da nosa fe? Como manteremos a esperanza?, como dar o seguinte paso?
No medio da nosa vida precisamos unha transfiguración, a nosa, esa experiencia que nos cambie, que lle conceda sentido ó que vivimos, ó que facemos, ó que somos. Unha palabra, un encontro, unha experiencia e quedaremos transfigurados; precisamos de ti. E ti chegas transfigurando a nosa debilidade, a nosa torpeza, a nosa dubida; forza, esperanza, lume, alento…
E quixéramos quedar alí para sempre, sentir así sempre, facer tres tendas e quedar nesa “nube” que nos fai sentir tan ben…E de novo eres Ti quen nos envías transfigurados a transfigurar, como cables polos que pasa a corrente, como cauces dun río inmensamente caudaloso que non pode quedar estancado senon que debe seguir corrente abaixo regando e dando vida por donde pasa.
O Tabor invítanos á oración, a estar con El, a ver con outros ollos, a deixarnos iluminar por unha luz maior, tamén nos invita a iluminar con esa luz todo o que nos rodea.
- Comentario artístico
Importante escultor nacido en Medellín no 1910 e falecido no 1976. Procede dunha familia de artistas en diversas ramas das artes.
As súas esculturas relixiosas están cheas de frescura; nestas obras resalta unha extraordinaria calidade caracterizada pola homoxeneidade entre o artesán e o artista.
As súas obras amosan claros resultados expresionistas polo retorcemento, a dor e a tortura sobre todo os seus Cristos inertes e elásticos. Con gran sentido moderno na concepción e o movemento, no seu afán de desmaterialización abolíu a cruz en varios dos seus crucificados.
Este importante artista traballou coa honestidade e a sinxeleza que lle foron propias e alleo a toda propaganda.
Traducido e extractado dun comentario de Jorge Cárdenas. Web. www.marinvieco.org
- Jorge Marín Vieco. Transfiguración, 1975. Bronce, 96 cm




