Todos a unha
Dende onte e ata o 25 estase a celebrar a Semana de oración pola unidade dos cristiáns, que este ano se inspira na frase do Evanxeo de Mateo «Onde dous ou tres se reúnen no meu nome, alí estou eu en medio deles” (Mt 18,20).
Esta festa celébrase no hemisferio norte entre a festa de San Pedro e a de San Pablo (no sur, por mor do ciclo das estacións, é en Pentecostés), e trátase dunha semana que enlaza co espíritu ecuménico da comunidade de Taizé, da que xa falamos nesta web hai uns días.
A nivel mundial, os cristiáns, sexan da confesión e rito que sexan, rezan unidos pola paz, pola unidade, e seguindo uns textos bíblicos que refiren a un deus común: Xesús de Nazaret.
Esta semana de oración está pensada como un octavario, cun programa que dá consellos, proporciona citas e temas cara os que encamiñar a oración nestes días en que, quizáis de maneira máis especial, cómpre esquecer as diferencias e mirar cara ós puntos de encontro dos cristiáns. Unha comisión ecuménica (a comisión de Dublín) preparou tamén unha guía de textos a maiores para profundizar.
Esta festa celébrase tras a mensaxe de Benedicto XVI pola paz e o entendemento, xa non entre as distintas confesións, senón pola boa convivencia entre os homes de calqueira condición, nun mundo xusto.
Hoxe mesmo, festa de San Enrique, patrón de Finlandia, Benedicto recibiu a unha delegación luterana. Tras a reunión, o sumo pontífice declarou que “estas visitas son a ocasión para un ulterior e fructífero traballo, e para profundizar no ‘ecumenismo espiritual’, que chama ós cristiáns divididos a apreciar o que xa os une”.
Xustamente o Papa será o encargado de clausurar o próximo mércores a semana, coincidindo coa festa na que se celebra a conversión de San Pablo.
(Podes atopar abundante documentación en moitas webs, como esta, da Revista Ecclesia. Ademáis, a Comisión da CEE para as relacións coas demáis confesións preparou unha carta)



