Un grupo de xoves de Mondoñedo – Ferrol pasan a fin de ano no encontro de Taizé, en Milán

Dende o 26 ata o 1 de xaneiro, 15 xoves, a maioría da nosa diocese, participaron no encontro anual que organiza a comunidade de Taizé, este ano en Milán. Trátase de xoves universitarios e traballadores, ademáis de varios sacerdotes.
Os encontros de Taizé xiran en torno ás cartas que o irmán Roger escribía para cada edición. Este ano, a convivencia cobraba unha maior relevancia, despois do asasinato de Roger, este verán.
Durante o encontro, a expedición de Mondoñedo – Ferrol aloxouse en casas de familias locais, e adicou o tempo á oración, á discusión, e a compartir con xentes de moi diversa procedencia actividades, xantares e momentos de reflexión nun clima de ecumenismo.
Os noso xoves demostráronnos que é posible unha maneira distinta de celebrar a fin de ano, lonxe das festas multitudinarias, o alcol e as tradicionais doce uvas. Durante esa noite os participantes no encontro tiveron unha vixilia na que rezaron pola paz.



