Festival da canción vocacional
Unha nova edición do Festival da Canción Vocacional celébrase en As Pontes esta fin de semana.
Ademáis do tradicional concurso de cancións, o festival botará o peche co tradicional artista invitado, que ofrecerá un concerto-testemuña. Este ano trátase de Nico Montero. O cantautor, cooperador salesiano, leva 15 anos compoñendo e cantando sempre dende o compromiso católico.
Dende a Delegación de Pastoral Vocacional mándanos o programa do día:
10,30.- Chegada e acollida
11,00.- Saudo. Oración
(mentras reúnense os representantes dos grupos para sorteo e indicacións)
11,30.- Actuacións sección infantil
12,30.- Ensaio cantos
13,00.- Celebración
14,00.- Xantar
16,00.- Actuacións sección xuvenil
17,00.- Concerto –Testemuño (Nico Montero)
18,30.- Descanso. Merenda
19,00.- Entrega de premios e diplomas ós participantes. Despedida
Moita sorte a todos!




24 Abril, 2008 ás 23:22
Alí nos vemos
26 Abril, 2008 ás 22:06
Saúdos a tod@s cantos participastes no festival deste ano. Xa van 13, e coma sempre foi unha gozada. Gracias a cantos fixestes o esforzo por vir e preparar canción; gracias á Delegación de P. Vocacional e ós que traballan nela; gracias á parroquia de As Pontes que sempre nos acolle, gracias…
A xornada estivo moi ben, pasámolo xenial e Nico puxo a guinda ó pastel.
Desde aquí para Cádiz, un saúdo e gracias.
19 Mayo, 2008 ás 16:47
[…] Diocese déronse cita o sábado 26 de abril na Igrexa do Poblado de As Pontes, para participar no Festival da Canción Vocacional, que organiza a delegación Diocesana de Pastoral […]