Fotos do Campamento C
Gracias a Pilar Ramallal e David José Diaz acabamos de ampliar o noso apartado de fotos do Campamento Diocesán deste ano. O campamento C é o protagonista destas imaxes. Seguimos a esperar as vosas fotos ou textos en novafronteira@gmail.com




23 Agosto, 2006 ás 2:46
Bueno, pois aqui tedes unha boa morea de fotos que eu e Pilar xuntamos.
Estas fotos quedaran para o recordo de moitos de nos (e para min en especial), este ultimo campamento, para moitos o ultimo como acampados, foi un dos mellores!!!!!
No campamento C, un campamento para medrar,(como dician os monitores), aconteceron moitas cousas,e unha delas foi esa que moitos de nós medramos e imos a medrar durante todo este ano que vén. Isto é bon posto que quere decir que o campamento nos sirve tanto como para pasalo ben, divertirnos,facer novas amistades, votar un ligue… como para facernos mais maiores, é dicir medrar non só por fora senon por dentro, aprender a ser mellores persoas non só neses dias senon ó longo do ano e da vida seguindo a Xesús.
Isto foi o que eu, e outros moitos compañeiros meus aprendimos ó longo do campamento. Penso que sin duda os monitores non perdeste-lo tempo organizando este campamento senon que ó contrario nunca é tempo perdido aquel tempo que se dedica a xente que nos importa (os monitores do campa C xa me entenden), por iso quero darvos as grazas por este magnifico campamento!
Grazas de corazón espero que a xente que vén por detrais poida face-las mesmas cousas e aprender o mesmo da vida como moitos de nós o aprendimos aqui.
Grazas FAMILIA querovos!!!!!!
Comentade porfa!!!
23 Agosto, 2006 ás 13:37
sinto tardar tanto en decir algo!!non pensedes que foi porque estiven pensando en que inventaba para que quedara ben e tal porque non é así!!para min o campamento é algo…como decilo….sí esencial,non sei dende o primeiro ano que fun levo indo tódolos anos e fago o posible por ir.faime pensar e pouco a pouco ir aprendendo moitas cousas da vida que sin o campamento quiza non descubriría nunca.
este ano foi moi especial para min e para algun máis xa que era o último como acampados e queiras ou non nótase.
tamén quería darlle as grazas a tódolos monitores que fixeron posible o campamento c e sobre todo ós deste ano porque sei que costou moito,pero creo que ese esforzo veuse recompensado.grazas de corazon!!!
para acabar quero animar á xente que lea isto se non foi nunca ó campamento que vaia xa sexa de monitores ou de acampados porque é unha experiencia inolvidable polo menos para min.aquí descubrín a amizade,o cariño,…moitos sentimentos e quizais cara a moitas persoas moi fortes xa que grazas ó campamento dinme conta de que existían moitas rosiñas que se non fora polo campamento non descubriría!!
besiños e querovos moito
29 Septiembre, 2006 ás 18:19
Hai tempo que non comentamos nada nesta sección; nótase que estivemos de vacacións e preparando o inicio de curso.
Quixera agradecer, dun xeito especial, a Diego Cabarcos Val, a aportación que nos fixo chegar das súas fotos do Campamento C deste verán. Como podedes ver, fomos colgando aquilo que recibiamos de vós, e as fotos que mandou Diego, aínda que se colgaron, non figuraban como del, polo que desde aquí queremos subsanar iso. Grazas pola aportación; seguro que máis dun colega de campamento agradece que quitaras esas fotos e que as compartiras connosco. Moitas grazas, Diego.
20 Enero, 2007 ás 22:27
gdfgdgd
10 Agosto, 2007 ás 19:04
Ola Oliña!!!
Diríxome a vostedes para anunciar o MENÚ deste mes do Campamento C
De almorzo unha boa cunca de amor e amizade untada en 3 anacos de pan non moi tostado
Para xantar un prato xeneroso de apertas acompañado dunha xerra fría de agarimos.
De postre aquel que o desexe poderá degustar un xeado de tenrura (pero coidado ao comelo pode estar demasiado frío)
Para merendar unha tapa de agarimos.
Ollo!!
NUNCA RACIÓN.Xa que non se debe abusar porque a nosa amábel amiga a cea xa está petando á porta e débese recibir do millor xeito posíbel
E para rematar, de cear temos un salpicón de bicos non moi feito.
E se quedastes con fame colledes uns anacos de pan e metédeslles 2 ou 3 lonchas de xamón de paixón (sen sal)o que o precisen para a tensión
E OLLO CO COLESTEROL!!!!!
Portádevos ben!!!