Godtube, vídeos cristiáns en rede
¿Quen, a estas alturas, non oiu falar de Youtube? O xigante portal de vídeos online é coñecido para os internautas e mesmo para os que non usa a rede de redes pola sua popularidade tamén en medios convencionais.
Como reposta cristiá a Youtube, Chris Wyatt decidiu crear Godtube, a páxina de vídeos cristiáns que xa conta con tres millóns de usuarios ó mes.
A idea de crear esta web foi motivada, en parte, polo descenso no número de crentes, sobre todo entre a xente nova.
A páxina ten miles de vídeos, pero a maioría son en inglés. Música, actos relixiosos, xuntanzas e mesmo chistes.
Entre os grupos que podes atopar en Godtube está Hillsong, a banda responsable da seguinte canción, chamada King of Majesty (letra en español e en inglés)




21 Noviembre, 2007 ás 13:17
# 2 antonio dixo:
24 Outubro, 2007 ás 13:04
Eu o que quero saber é onde está o credo de José Ramón e por que se quitou desta páxina. Quero unha explicación e a única voz que se escoita e lé é desde este foro. Algúns necesitamos explicacións de José Ramón, da dirección da revista ou de quen sexa.
# 3 Isabel dixo:
24 Outubro, 2007 ás 17:08
Eu levo semanas preguntándome o mesmo que ti, Antonio. De feito remitín dous emails a esta páxina e aínda non tiven contestación. ONDE ESTÁ O CREDO DE XOSÉ RAMÓN??
# 4 antonio dixo:
26 Outubro, 2007 ás 13:18
Ninguén vai a dar unha resposta? Só Isabel e eu vimos o atropelo cometido polos responsables desta páxina que cobardemente agachan a cabeza debaixo das súas ás para non dar ningunha explicación… onde está Xosé Ramón? Que opine él tamén e diga algo… Estou indignado!!!! Onde está o Credo de Xosé Ramón? Para algúns de nós foi xunto co foro creado a partir desa entrada (se mal non lembro a entrada máis comentada desta páxina web) unha luz aberta por parte da Igrexa que da cabida a tódolos comentarios con liberdade, pero polo visto fixo dano, ou molestaba… Ó MENOS EU, LECTOR ASIDUO DE NOVAFRONTEIRA QUERO SABER QUE PASOU, E QUERO SABELO XA
# 5 frangdopico dixo:
1 Novembro, 2007 ás 13:58
Antonio, comprendo o teu enfado, pero creo que es inxusto ó acusar ós responsables da páxina
# 6 Isabel dixo:
7 Novembro, 2007 ás 13:08
Pero Fran, é que os responsables da páxina son os responsables dos contidos da mesma… e se un deses contidos desaparece “misteriosamente” despois de que decidiran publicalo, son eles os que nos deben unha explicación. Isto non é nin serio, nin ético, nin coherente, nin digno… ONDE ESTÁ O CREDO DE XOSÉ RAMÓN??
# 7 Ariadna dixo:
11 Novembro, 2007 ás 0:36
Me encanta “la transparencia” de esta página, la insistencia de estos compañeros al exigir explicaciones… para aquellos que añorais el credo de José Ramón, yo lo he encontrado en el siguiente enlace: http://www.percebesdelpais.blogspot.com/2007/08/mi-credo.html
y con esto no quiero decir nada…