Homes e mulleres non somos iguais
¡Tranquil@s! só vos pido que rematedes de ler estas liñas. Sei que o título é polémico, discutible, opinable, pero permitídeme, tamén respetable. De seguro que algunhas mulleres e homes que o estades a ler me tachades de machista, de seguro que sodes desos homes e mulleres que non me coñecedes. Todo tén a súa explicación. Entendédeme ben, os dous somos iguais en dereitos, en dignidade, en oportunidades laborais e de todo tipo, incluso ben sabedes que me gustaría que na Igrexa a muller tivese cada vez máis un papel saliantable, importante, punteiro, con cargos de responsabilidade…
Pero, non me refiro a esta desigualdade. Unha das razóns que se aluden para explicar os malos tratos ás mulleres é precisamente dicir que os homes non respetan que as mulleres teñen que ser iguais ca nós. ¿De verdade credes que os homes e as mulleres temos que ser iguais? A nosa ministra de sanidade dixo fai uns días en Xinebra que ” A violencia de xénero non se exercería contra as mulleres se os homes as considerasen iguais, temos que avanzar en políticas de igualdade”. Permítanme dicir a isto, que si realmente pensamos que a xénese dos malos tratos está nesta pretensión de igualdade, mal encamiñados imos. Evidentemente non podemos pedir que unha muller teña (xeralmente) a mesma forza física ca un home, non podemos pedir que un home (pola súa constitución psicolóxica, e falamos xeralmente), teña a mesma sensibilidade para a beleza, para o cuidado físico, para os detalles, para a dozura, para a ternura incluso…, características que as aporta o seu ser de nais, ou de futuras nais… nesto, non somos iguais, e non por desgracia senón diría eu, gracias a Deus, e que nos podemos enriquecer nesta diversidade.
¿Cal é a razón, pois, baixo o meu punto de vista, dos malos tratos? Supoño que non debemos de xeralizar, pero aí está a prepotencia, o saber que esa muller non poderá respostar a esa abofada (e por iso xa non se queda só nos insultos, que si son contestables), o querer ter un dominio total e absoluto sobre “alguén” que cren da súa posesión, e evidentemente tamén está o desequilibrio mental, psicolóxico que debe de correxirse. Permitídeme rematar cunha pregunta, ¿é posible maltratar e incluso matar a alguén a quen amas profundamente se non é debido a un desiqulibrio mental? A razón máis poderosa creo que é esa.
Espero que un día podamos ver que os malos tratos van a menos, pero nunca foron nin serán erradicados, porque sempre teremos a xente que se adique a aniquilar o que xa non poden controlar ou dominar. Coidemos destas mulleres, teñámolas preto de nós, axudémoslles a sair adiante, escoitémolas e axudémolas desde o noso ser de Igrexa a poder reconstruir unha vida digna que é o que todo ser humano se merece.




21 Enero, 2006 ás 19:04
Creo que a igualdade é unha meta cara a que nos temos que propoñer chegar. Está claro que motivos físicos hai de sobra para defender que un home non é igual que unha muller. Iso é unha obviedade. Pero a desigualdade tense que quedar aí, nos aspectos, a priori, menos importantes.
A igualdade á hora de acceder a un traballo, ou do soldo, ou a igualdade á hora do respeto público, a igualdade de dereitos e de opcións, tamén na Igrexa, é o debate deste desequilibrio.
Porque se non aspiramos á igualdade, motivos físicos ou psicolóxicos que van ligados a unha parella de cromosomas convírtense en razóns capitais para a discriminación, para a marxinación, e arma para maltratadores. Cando a muller teña as mesmas (iguais) oportunidades e dereitos, sen ir máis lonxe en España, poremos a primeira pedra. Pero aínda queda…
22 Enero, 2006 ás 13:57
Benquerido Dani, estou dacordo en todo o que dis, pero cando me refiro á desigualdade e en centrar aí as tintas dos posibles malos tratos, estoume a referir a que non vexo que sexa ese o motivo máis forte e poderoso. Os malos tratos existiron sempre (non son cousa de agora, que saen máis nos medios de comunicación), sempre estiveron aí, e noutra época non se lles daba a importancia que agora se lles dan (para desgracia de aquelas persoas). Hoxe a muller é máis independiente ca nunca, ten máis recursos individuais ca nunca,os dereitos que teñen e as opcións están prácticamente igualados… (evidentemente queda algo que mellorar noutras desigualdades ainda existentes e que ti reseñas), e a pesares de todo isto, segue habendo malos tratos cara elas. ¿Cal é pois o problema? ¿Cal a raiz? Penso, e reafírmome, que é maís cuestión de educación e sobre todo de desequilibrio mental ou psicolóxico… non atopo razón máis poderosa ca esa
22 Enero, 2006 ás 14:52
Pois eu creo que aína estamos moi atrás. Sempre houbo malos tratos, pero ata hai uns anos (o da igualdade é pois, unha revolución relativamente recente), estaban socialmente aceptados. Ninguén se molestaba porque a muller dependera primeiro do pai e despois do home co que casaba para pedir un papel, ou ninguén se molestaba porque a muller estivese recluida na cociña. Icluso hoxe hai a quen lle costa aceptalo por tel visto no seu propio fogar. Ademáis, frases como “yo a mi mujer le pego lo normal” (xa sei que é unha esaxeración) non son cousas do pasado. Si é certo que se van mellorando aspectos, e que no papel somos todos iguais, pero de aí a cambiar as conductas, os comportamentos, fan falla aínda máis batallas.
Os medios contribúen a poñer o debate sobre a mesa (esta vez para xerar unha presión social necesaria e positiva), e a dar a coñecer os casos que se non saen na tele, non existen.
Dende o meu punto de vista, aínda queda moito por loitar. Vexamos sen ir máis lonxe o mundo do xornalismo, ou das empresas (onde nin mandan nin teñen soldos parecidos), ou mesmo da universidade, onde hai máis alumnas, e menos profesoras. Aventúrome a suxerir que cando asumamos a igualdade plena cesarán tamén os malos tratos. Hoxe por hoxe creo que é cedo (20-30 anos de revolución feminina fronte a unha tradición de séculos) para buscarlle tres pés ó gato, outras causas máis que as que xa sabemos. Aínda que se dean pasos máis ou menos grandes, queda camiño…
23 Enero, 2006 ás 12:14
completamente dacordo, ainda que soe un pouco forte decir hoxe que homes e mulleres non somos iguais, porque todos e todas andamos en decir que sí o somos. Digo tamén, como José Ramón, que gracias a Deus non somos iguais, ainda que sí igualmente dignos uns e outras. Además, “igualdade” non é tratar a todos do mesmo xeito, non, IGUALDADE é tratar igual os iguais e desigual o desiguais, dar a cada un según necesita.
23 Enero, 2006 ás 19:34
Ben, estrénome hoxe nesta páxina deixando un comentario. Antes de nada, dicir que está moi ben feita e é moi interesante todo o que se colga nela. Eu non son nada “fan” de escribir nen deixar comentarios, pero ante este tema e sobre todo, porque este ano curso unha asignatura que é exclusivamente de xénero, vou deixar unhas letras aquí plasmadas.
Evidentemente, e dígoi moi alto e sen querer ofender a ninguén, eu son muller e son diferente ó home, e quero ser diferente ó home, non quero ser igual cá el, e non estou desvalorizando o sexo masculino con estas palabras. Non. Son partidaria de que mulleres e homes somos diferentes nalgúns aspectos, similares noutros e totalmente iguais noutros tantos. Estou de acordo, e síntome profundamente orgullosa de ter esa feminidade que, non compartimos todas as mulleres, nen comparten todos os homes cara o gusto pola beleza ou polo coidado persoal; estou orgullosa pola forza física que teño, aínda que haxa mulleres e homes que teñan máis ou menos cá min. As diferencias non están en se somos mulleres ou homes, están sobre todo, nas características persoais de cada un. Pero volvendo ó principio… sí, estou orgullosa de non ser coma un home, ¿e qué pasa? Eu o que quero é ter os mesmos dereitos que un home, ser igual ante a lei coma un home e o máis importante, ser igual ante un home, e que saiba que son igual ca el. Aí é onde hai que comezar a poñer pedras… É fabuloso que haxa leis contra a violencia, pero, ¿a sociedade qué está a facer? ¿Nós qué estamos a facer? Sen darnos conta non sabedes a de veces que somos sexistas, incluso a propia muller. Os sexismos están tan arraigados na nosa vida cotiá que moitas veces non nos damos conta das cousas que atentan contra a igualdade: na linguaxe, na forma de vestir, nos xoguetes dos nenos pequenos, na televisión… non hai ámbito que se escape. Eses son os primeiros pasos que deberíamos de evitar e precisamente, os que máis nos custan.
No referente ó tema dos malos tratos, da violencia de xénero, cada día me asombro máis, cada vez me da máis medo encender a televisión, oír a radio e escoitar a cantidade de mulleres que morren nas mans dos “seus homes”. Sí, son partidaria de que, ou hai un problema psicolóxico moi grave, ou eu non entendo esa forma de amar ou de querer…
23 Enero, 2006 ás 23:06
Estou de acordo con vós. Non somos iguais, e ¿que? Nin os homes somos iguais ás mulleres, nin as mulleres ós homes, nin un home a outro home, nin unha muller a outra muller, e así todas as combinacións que queiramos. E ahí está a riqueza, na variedade. Mal imos se as diferencias en vez de servirnos para enriquecernos mutuamente e complementarnos nos levan a odiarnos, despreciarnos ou maltratarnos. Repito unha idea apuntada por varios: a solución está na educación, na formación de persoas que saiban valorar a variedade e a súa riqueza e non a vexan coma un perigo.
23 Enero, 2006 ás 23:33
Creo que a postura de Fran resume o sentido común vertido nos comentarios a esta entrada. O debate é, na miña opinión, se os malos tratos hoxe en día, tralas evidentes melloras no recoñecemento de dereitos, están causados por arrastrar a tradición, ou se teñen outra causa.
E sobre a igualdade, homes e mulleres somos diferentes, pero hai certas características físicas e psicolóxicas que se manifestan con máis forza por sexos, aínda que haxa excepcións. O reto é, desde o meu punto de vista, se estamos dispostos a aceptalas sin que signifiquen unha excusa para lexitimar o maltrato…
Estou pola igualdade, porque quizáis antes de comezar a apreciar as diferencias debamos buscar os puntos de encontro, e asumir unha dignindade equivalente. En España xa imos moi avanzados, pero queda a interiorización da propia sociedade, que apuntaba Pilar. Coas mortes que cada ano se producen, cos malos tratos que vemos incluso nos medios, dáme a sensación de que aínda estamos un pouco lonxe…
6 Mayo, 2007 ás 10:49
antispam gratis in italiano…
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Homes e mulleres non somos iguais…
7 Febrero, 2008 ás 1:03
Iso de que as mulleres somos “máis adecuadas para o coidado, etc etc” sóame a trampiña: cal é a demostración científica de que iso non é produto dos roles sociais aprendidos e transmitidos de xeración e xarción? Alí onde os roles se modifican esas cousas “propias das mulleres” non o son. As PERSOAS somos máis adecuadas para unhas cousas ou outras segundo como nos eduquen, ou estou á espera de que algún estudo realmente científico (é dicir, que se realice en igualdade de todos os outros parámetros) me demostre o contrario. Un saúdo