Menos católicos e coa autoestima máis baixa
Por primeira vez desde que se fan estudios estatísticos, menos da metade dos xoves españoles afirman ser católicos. O máis recente é o que hoxe fixo público a Fundación Santa María, recollendo 4000 entrevistas a xoves entre 15 e 24 anos. Juan González-Anleo, responsable da parte de relixión deste estudio, puxo o acento en que o alonxamento “acelerouse de forma sorprendente” respecto a 10 aos atrás cando o 77% se declaraba católico, e hoxe non chega ó 50%, un descenso de máis de 25 puntos”.
Se nos fixamos en cántos recoñecen ser parte activa da Igrexa, en 1994 eran dúas terceiras partes, no 1999 xa eran só a metade e en 2005 é un 29%. Inflúen nisto as “impopulares posturas da Igrexa” en torno ó aborto, o matrimonio homosexual, ou a súa inxerencia política.
Entre outras conclusións deste estudio de máis de 400 páxinas, atopamos a baixa autoestima da xuventude española, que se autoconsidera egoista, consumista e con pouco sentido do deber, debido entre outras causas á mala opinión que se verte sobre ela e á dificultade de emanciparse.
Os xoves españoles (ós que algún xornal calificou de “Jóvenes Aunque Sobradamente Pasotas”) móstranse “moi atados” ós seus pais, en grande medida pola dificultade para emanciparse e atopar unha vivenda. Son moi permisivos cos comportamentos privados (aborto, divorcio, eutanasia, adopción por parte de persoas homosexuais…) e menos cos delitos públicos.
En canto á confianza nos políticos, o 75% dos encuestados cre só buscan o seu propio interés e un 15% opina que traballan polo interés xeral. Segundo a autora dste capítulo do estudio, Maite Valls, un dos datos máis significativos é que o 46% dos xoves non se decantaría hoxe por un partido político se houbese eleccións.
“Os xóves de agora aman o luxo, teñen pésimos modais e desdeñan a autoridade. Mostran pouco respecto polos seus superiores e xa non se levantan cando alguén entra na casa[…] Prefiren insulsas conversacións ó exercicio, e están sempre dispostos a contradicir ós seus pais e a tiranizar ós seus mestres” Atribuido a Sócrates, século IV a.C.




10 Abril, 2006 ás 8:59
A min o que máis me impresiona dese estudo é ¡que os xoves valoran positivamente a Seguridade Social! (¡¡¡????!!!!). Non sei, eu debo ser extraterrestre do planeta onde si que hai listas de espera.
E por outra banda, nese proceso de secularización que se menciona hai un dato importante e esperanzador: un 10% dos xoves considérase católico, comprometido,da testemuño públicamente, participa das actividades da igrexa e da súa doctrina.
En definitiva: son como o público da 2ª de TV… “ESA INMENSA MINORÍA”.
11 Abril, 2006 ás 11:50
No que respecta á valoración da Seguridade Social que fan os xóvenes, a min non me extraña, Raquel, xa que aínda que eu tamén vivo no planeta das listas de espera, polo menos teño o dereito a esperar atención médica.E en moitos países isto non é así, e quen necesita unha operación e non a pode pagar morre e punto. E non falo de Sudán ou Mozambique, falo dos Estados Unidos onde a cobertura sanitaria non chega nin ao 15% das persoas sen recursos económicos, e esta cobertura, por certo, depende maioritariamente de asociacións relixiosas e non do Estado.
Así que eu tamén me uno a esa valoración, recoñecendo os aspectos a mellorar, pero considerando que a Seguridade Social é unha das cousas das que podemos presumir como país (que non hai moitas).
12 Abril, 2006 ás 11:10
Dende ese punto de vista, estou plenamente dacordo contigo,Ra.
6 Agosto, 2007 ás 0:33
[…] dos grandes titulares que a prensa utilizaba fai unhas semanas, o Informe Xóvenes 2005 da Fundación Santa María, e as […]