O bautismo do Señor

“Naquel tempo Xoan proclamaba: detrás míña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son digno de postrarme para lle destar os mallós do seu calzado. Eu bautizo con auga, pero el hávos bautizar con Espírito Santo. E aconteceu por aqueles días que chegóu Xesús desde Nazarete de Galilea a Xoán bautizouno no Xordán. E de seguida, mentres saía sa auga, víu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo: Ti eres o meu fillo benquerido, o meu predilecto”. (Mc 1, 7-11.)
“Este cadro formaba, co da Anunciación, parte do corpo do retablo principal da igrexa do Colexio de Dña. María de Aragón en Madrid.
A composición está organizada por medio de dous triángulos invertidos que teñen como centro a pomba que representa ó Espírito Santo. O triángulo superior contén o que se denomina un “rompimento de Groria” moi característico do autor que está presidido pola figura brnaca de Deus Pai. O triangulo inferior recolle a escena principal con Xoan bautista de pe e Cristo de xeonllos sobre unha rocha.
A escena ten lugar de noite e as duas principais figuras están colocadas nun primeiro plano, eliminando o espacio ó seu redor, incluso o río Xordán é case imperceptible, como unha mancha.
O autor provoca coa colocación das figuras un “agobio espacial” que se ve máis acentuado pola oclocación dos anxos en torno a Xesús, suxtando a túnica vermella.
As figuras son xigantescas, e a luz aplícase mediante fortes “fogonazos”e os personaxes cambian constantemente de escala. Estilo peculiar do pintor que o fará célebre“.
Fontes: (Comentario de artehistoira.com. Traducción)
O cadro: Bautismo de Cristo, 1597/1600 | El Greco| Museo del Prado. Óleo sobre lienzo.
“Servo: Recolle unha fermosa e rica tradición profética. Cristo é o Servo de Iavé, totalmente entregado á vontade do Pai. E a vontade do pai é o servicio ós pobres e entrega a todos. Non veu para “ser servido se non para servir e dar a súa vida en rescate por moitos”. Ésta é tamén a misión que recibe do Espírito (Lc 4, 18).
Año: O bautismo de Xesús representa un anticipo da experiencia pascual. Acentando o bautismo de penitencia predicado por Xoan achñegaso ó mundo da dor e do pecado e non dubida en cargar co él. Quere ser o “Año de Deus que quita o pecado do mundo”. Actitude de verdadeira compaixón e de entrega total.
Unxido: É o título con que máis o coñecemos: Cristo, Mesías. No bautismo visibilízase o Espírito en forma de pomba, pero este non é máis ca un modo de “expresar o inexpresable”. Toda a forza de Deus, o Amor de Deus a luz de Deus, é dicir, todo o Espírito de Deus, irrumpe sobre Xesús, tomando posesión del. Unxido para defender, para liberar para curar.
Fillo: Así o chama o Pai. É o título que mellor o define.É un eco da Palabra eterna: “Ti eres o meu fillo, eu enxendreite hoxe” (Sal 2,7). A actitude do Fillo non é somentes a de obedecer, a de cumprir a vontade do Pai, se non a de confiar, agradecer, a de vivir sempre mirando ó Pai“.
Fonte: (Estractado e traducido de Cadernos Cáritas, Advento e Nadal 2000. Páx. 185-86)




22 Junio, 2007 ás 13:50
free xxx video…
suppa post…
29 Julio, 2007 ás 0:09
free xxx video…
i agree…
1 Agosto, 2007 ás 8:16
hi…
i agree…