O mestre Teilhard
Quizáis a moitos dos que estades a ler estas letras non vos sone de nada Teilhard de Chardin; o propósito de que fale del é dobre: por un lado seguir prestando a colaboración con esta fantástica páxina web, e en segundo lugar que coñezades, ainda que sexa someramente, a esta gran personalidade da Igrexa de principios do século XX e sobre o que estou a elaborar a tesiña.
Poderíamos dicir moitas cousas sobre el e sobre a súa obra, pero para que non se faga pesado direi só tres:
1º.- Situalo cronolóxicamente: naceu en Sarcenat, preto de Clermont Ferrand (Francia) en 1881, e morreu en New York no ano 1955. Ós 18 anos entra como novicio da Compañía de Xesús, intentando dar forma ás súas ideas. Viviu a dura experiencia da 1ª Guerra Mundial como camilleiro. Cursou estudios de Paleontoloxía e Xeología na Sorbona de París. Desenvolveu a súa carreira en Asia, descubriu o Home de Pekín, e foi en China onde escribiu a sua obra mestra, El Fenómeno Humano. Foi apartado a Estados Unidos e os seus escritos sempre foron perseguidos e repudiados pola Igrexa. Tamén hai que decir que foron os cristiáns os que se encargaron a partir da súa morte, de dar sentido e forma a estos escritos.
2º.- A súa fidelidade ós xesuitas e á Igrexa Universal a pesar de ser “perseguido” polas súas ideas. Nunca renunciou a elas, pero tampouco nunca renunciou e foi fiel ata a morte cara aquelas duas institucións que tanto amaba e ás que servía. Quizáis teñamos todos que aprender desta postura: ser críticos e fieis á vez.
3º.- En terceiro e último lugar direi que o pai Pierre sentiu cómo vibraba o universo ó seu arredor e descubriu que a vibración era armónica e que procedía dunha mesma fonte. A partir de aquí, non sen esquecerse da nada e reflexionar sobre ela, centrouse na sacralidade da materia para esculpir o universo como se dun poema plástico se tratara. Así é, a resposta á dúbida foi a ciencia, a resposta á ciencia foi a fe mística, e a resposta á mística foi a poesía. ¿Quen dá máis? Por menos de nada deu máis que todo. Omega, ese punto culminante cara o que todos tendemos, está cada vez máis preto.
Déixovos un pequeno agasallo da súa obra, para rezar, interiorizar ou simplemente admirar:
No te inquietes por las dificultades de la vida,
por sus altibajos, por sus decepciones,
por su porvenir más o menos sombrío.
QUIERE LO QUE DIOS QUIERE.
Vive feliz. Te lo suplico. Vive en paz.
Que nada te altere.
Haz que brote, y conserva siempre sobre tu rostro,
una dulce sonrisa, reflejo de la que el Señor
continuamente te dirige.
Cuando te sientas apesadumbrado, triste,
ADORA Y CONFÍA
Teilhard de Chardin




11 Enero, 2006 ás 16:17
Quixera compartir co autor o mesmo afecto cara a figura de Theilard. Unha vida chea de experiencia críticas e apaixoantes que foi a fonte de isnpiración máis lúcida da súa reflexión teolóxica. Ánimo con esa tesiña que de seguro dará que falar.
11 Enero, 2006 ás 16:31
Ás veces a xente (ou nós) criticamos á Igrexa sen máis, e non facemos nada por mellorala. Escudámonos en que non temos poder, en que non somos sacerdotes, ou en que non vamos arranxar nada. Dá gusto ver exemplos de xente que cambia as imperfeccións e fallos dende dentro. Que critica pero construe. O tempo acaba dándolles a razón. E non é doado facer eses equilibrios… Con todo, a un gustaríalle que algunhas cousas cambiaran con máis rapidez…
Noraboa Jose, gústame moito cómo escribes. Tamén me alegro de que esteas a facer algo serio en Salamanca, e non que foras de vacacións (como todo o mundo pensa, jaja, é broma). Para estudiar e para vivir debe de ser preciosa…
11 Enero, 2006 ás 16:34
Animo Dani, que en Salamanca tamén hai periodismo, todo e cambiar o expediente e moita ilusión. Este ano en MAdrid e xa sabes o que ven por Salamanca.
O dito, Jose a traballar e nos a comentar, je je je. Unha apertiña dende a cidade episcopal os estudiantes das “foranías”.
11 Enero, 2006 ás 16:41
Mirade que vos estades a volver friquis…jeje!!! pobre Jose…todo o mundo desconfiando do nada dudoso bo traballo que está a facer en Salamanca… eu nn dubido!!! Moito ánimo e moi bo o artigo!!! a pena é que sexa logo da vida física cando se recoñece a xente que nós nos ecargamos antes de xuzgar malamente e logo de admirar…