O que me gusta e o que non: solucións?
- O primeiro que eu diría é que debemos facer unha “viaxe en Globo”, si, debemos elevarnos sobre o chan para poder ver este problema desde outra perspectiva…
- O feito de mirar as cousas a ras do solo impide que descubramos o conxunto: un grupo grande ou non tan grande de rapaces e rapazas que queren divertirse.
- Absterse de comentarios que xeneralicen. Somos moi dados a facelo e se o fan con nós…non nos gusta .
- Non todos/as os xovenes beben ata tolear, non todos/as son uns porcos que non recollen, ou andan descontrolados, ou bourean sen deixar durmir ós veciños.
- É unha forma diferente de expresión, un cauce novo de encontro entre os rapaces e rapazas.
- Logo dicen que non teñen inxenio!!! Vaia si o teñen para o que lles interesa: organización, capacidade de convocatoria…
- Que os rapaces e rapazas poidan disfrutar, xuntarse, coñecer outra xente etc, etc.
- Que atopen espacios e lugares donde non os estafen, nin lles dean garrafón, nin os menosprecien pensando que son tontos.
- Que si queren divertirse xuntos nun lugar ó aire libre poidan facelo, sin que haxa un reproche continuado sobre as cousas que fan e como as fan.
- Non me gusta que a actitude duns cantos xovenes descontrolados marquen a valoración que temos dos xovenes e do seu modo de divertirse.
- Non me gusta que os encargados de lugares de copas den garrafón en lugar de bos productos, e que cobren como si os deran.
- Non me gusta, nada, nada, nada, que cada vez máis xovenes pensen que hai que emborracharse ou consumir outras drogas para pasalo ben.
- Non me gusta que nas tendas se lles venda alcohol ós menores impunemente.
- Non me gusta que algúns rapaces maiores de 18 anos sexan tan irresponsables que vaian mercar bebidas alcohólicas para que logo as consuman menores.
- Non me gusta que se moleste ós veciños e que logo deses encontros todo quede feito unha “merda”.
- Pois eu sigo coa miña teima particular: educación, educación, educación.
- Educación para TODOS E TODAS, XOVENES E MAIORES.
- Educación para coñecer e vivir dereitos e deberes de todos/as.
- Educación nos valores da convivencia e do respecto ós dereitos de todos/as.
Recomendacións prácticas fronte ó tema do botellón:
O que me gusta:
O que non me gusta:
Algunha solución:



