¿Que me está pasando?
Ola, chámome Rosalía, son unha rapaza de 15 anos que ó longo do que levo vivido sei o que é unha situación de malos tratos. Explícome: dende que teño sentido non recordo máis que ó meu pai pegándolle a mamá, eu non podía entendelo e cando preguntaba o que pasaba, mamá dicíame que “non eran cousas miñas, que papá estaba enfermo e por iso se comportaba así”… Na escola, eu estaba triste, e cando algo non me saía “a dereitas” o inmeditato era a violencia física e verbal con todo o que se puxera diante. Para min aquilo era normal, porque na casa comigo facían así: non había lugar á explicación nin ó razonamento, todo se solucionaba con golpes, ou castigos pechada nun cuarto que non tiña luz.
Recordo que na escola botaba moito tempo fóra da aula polo meu comportamento, ata que atopei a alguén que se interesou pola miña conducta: a miña profe de terceiro e cuarto de primaria que tentou buscar unha solución, porque ningún dos meus compañeiros me querían, e incluso levaba culpas que non tiña, pero como xa estaban afeitos a aquilo, que máis daba que o fixera eu ou non?. Falou cos meus pais, e eles dixéronlle que non se preocupara, que eu era un pouco rebelde, pero que non tiña importancia. Chegaron a vir á escola uns psicólogos da Coruña a mirarme; dixéronlle á mestra como tiña que actuar comigo e …pouco máis. Ela non estaba de acordo con aquilo, e botou moitas horas falando comigo ata que eu poiden confiar nela e contarlle o que me estaba pasando; non sabedes o peso que me quitei de enriba cando llo poiden contar!!!
Xa van tres anos da morte do meu pai, pero aínda agora teño pesadelos e escoitoo berrar e zoupar. Se fago algo mal, suspendo ou teño algún problema no Instituto, aínda me enrabecho un pouco… non do mesmo xeito que antes, pero algo dentro de min fai que actúe así…
Supoño que as cousas irán cambiando pouco a pouco, de tódolos xeitos as visitas ó psicólogo son mensuais, el está facendo todo o posible para que eu confíe na xente.
Como vedes o tema dos malos tratos non é nada raro nin lonxano para min, vivino en propia carne e volo conto de primeira man.
Sen ánimo de ningún tipo, e respectando escrupulosamente a vida de Rosalía, en NF optamos por publicar este testimonio por necesario, directo, e sobre todo, por real. Rosalía non é o nome verdadeiro. O que conta é a súa historia. Esa si é real. Este testimonio está recreado para Nova Fronteira por unha persoa que a coñece ben, que sabe do seu sufrimento. Dámoslle as gracias dende aquí




7 Febrero, 2006 ás 2:41
Moitas Rosalías se ven a miúdo nas aulas dos nosos colexios, unhas Rosalías encerran na súa mente unha historia tan complexa como a dos malostratos que na súa realidade cotiá teñen, pero moitas outras o que realmente esconden é unha situación de mimos que por sorte, é moito máis agraciada que a dos malostratos… A historia desta Rosalía, é un bo exemplo de superación psicolóxica dunha temible realidade como a que ela tivo que pasar… Agora que se recupera, só desexarlle moita forza e moito ánimo! A nós só nos queda contribuir non maltratando o noso entorno.
7 Febrero, 2006 ás 19:45
A fin de contas, e onde hai nenos, estes son os ultimos afectados polos malos tratos. Xa non só directamente, coa violencia física, senón, e sobre todo, indirectamente. O que ven, viven sinten, aprenden nesta pésima situación ensinanes unha forma coxa de enfrentarse á realidade, ó mundo que non é a idonea e que costa moito encamiñar de novo. O caso de Rosalía non é un máis senon que é o dunha persoa, con nomes e apelidos, unha persoa, como moitas outras persoas, todas elas con nome e apelidos. Non poden quedar no silencio da multitude nin no olvido dunha lista numerosa.
8 Febrero, 2006 ás 10:34
Dsede logo é algo increible a cantidade de personas que sufren os malos tratos. Alguhnas veces témolos moi cerca de nos e non nos damos nin conta, porque así son os malos tratos: nenos agreisvos, reservados, tristes, etc… que casi sempre se comportan así por unha razón: están sufrindo. E sufren o ser moneda de cambio dos seus propios pais cando hai unha separación; ou sufren violencia verbal e física, ou sufren insultos e desprecios continuos hacia os seus pais/nais de parte do un ou da outra. Porqué os maiores non se dan conta e que non firen tanto ó outro como firen ó neno (seu propio fillo). Supoño que o máis que podemos facer cada un de nos é acordarnos das víctimas e, como decía Lucía, non participar no maltrato.
9 Octubre, 2006 ás 15:15
airline tickets to manila
Airline tickets to man…
25 Diciembre, 2006 ás 1:14
country gift baskets
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Que me est pasando?
27 Marzo, 2007 ás 18:58
big tits blowjob
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Que me est pasando?