“Sede auga”, lema da Pascua Xove 2008
Pode que xa teñas visto este cartel na túa parroquia. O equipo que cada ano organiza a Pascua Xove de Mondoñedo-Ferrol xa está a traballar para facer da semana do ano máis importante para un cristián unha experiencia única.
O lema escollido este ano é “Sede auga”, nun cartel que combina un chisqueiro cunha chamarada líquida. Segundo a propia organización, “o chisqueiro é o símbolo do lume por excelencia, de gran simbolismo na nosa celebración. A auga recolle moita da base do cristianismo xa que por ela entramos no bautismo”.
A Pascua invita abertamente a tódolos rapaces e rapazas de 15 anos en adiante a pasar eses días en comunidade, reflexión e celebración. ¿Qué pode esperar da Pascua alguén que nunca fora? A organización responde: “Esperar, ó mellor espera pouco. Ademáis, hai moitos prexuizos. O que está claro é que alí vaise atopar co que non espera: unha forma de vivir os momentos mais importantes para un cristian dunha maneira xove, emocionante e que se entende”.
O prezo polo material, aloxamento e comida os catro días é de 45¤, con axudas dispoñibles en caso de necesidade.
As inscricións pódense mandar directamente a pascuaxove [arroba] gmail.com ou por correo postal a: Asociación Pascua Xove. Seminario Menor de Sta Catalina. Praza do seminario, s/n 27740 Mondoñedo (Lugo). Todas as inscricións deberán incluir: nome completo, data de nacemento, enderezo postal e electrónico, teléfono e parroquia. Os menores de 18 anos precisan, asimesmo, unha autorización paterna firmada.
Dúbidas ou suxerencias, no seguinte teléfono:636010678.
Descarga o cartel a tamaño completo | Descarga o tríptico | A Pascua outros anos




30 Enero, 2008 ás 13:44
Sen duda que logo de ler todo esto, síntome na obriga de, desde aquí, facer un chamamento a todo aquel rapaz crsitián que se anime a vir compartir con nós unha experiencia impresionante chamada Pascua Xove…
Porque como ben se di, é unha forma de vivir a Semana Santa completamente distinta a como ata agora a vivise.
Sen duda, creo que todos nos debemos animar a pasar 4 días de Pascua compartindo vivenzas e recordando o que pasaba fai centos e centos de anos…
Unha aperta e…agardo vervos en Mondoñedo…;)
16 Febrero, 2008 ás 13:37
Alí (aquí) nos veremos, para volver a compartir e para compartir o novo. Ainda que as celebracións son as mesmas, sempre hai algo novo que vivimos, sentimos, pensamos, descubrimos, saboreamos, … en cada unha. Esa é a novidade do Evanxeo, que se fai vida en nós.
19 Febrero, 2008 ás 9:59
Quero sumarme ós comentarios anteriores. Son xa moitos anos indo á Pascua de Mondoñedo, e cada ano é xenial. É verdade que estes anos pasados vou fugazmente, pero por nada do mundo perdería poder celebra-la Vixilia pascual naquel ambiente e con esta xente.
NOn hai que decir, que animo a calquera que lea isto. Ben sei que as vacacións son moi tentadoras, pero esta é unha maneira moi boa de pasa-la Semana Santa. Espero verte alí
5 Marzo, 2008 ás 14:35
aún estás a tiempo!!!
si lo estás dudando, y te gusta la aventura, no lo pienses más y llama AHORA.
no te puedes imaginar lo que te puede ocurrir!!!
16 Marzo, 2008 ás 15:57
Boas Pascueiras e Pascueiros:
Non estaremos alí físicamente…pero dende fai moito tempo a Semana Santa, vaiamos onde vaiamos, é Pascua Xove de Mondoñedo.
Ogallá que ademáis de na cabeza e no corazón se traspase á nosas vidas. Sexamos auga, vida.
Saúdos e lembranzas garimosas.
Lucía e familia.
19 Marzo, 2008 ás 16:17
Alégrome de contradecirte (e seguro que ti tamén te alegras de que o faga) pero si que estaremos alí; non seremos tantos coma outros anos, pero de seguro será outra ocasión para celebrar e vivir estes días da Semana Santa, para achegarnos máis a Xesús e para resucitar con El
20 Marzo, 2008 ás 3:01
Imos vivir unha vez máis a Pascua desde Mondoñedo… seguro que seremos a envexa, tal vez oculta por non queréreno recoñecer, de moitas xente que ao mellor lle faltou un último empuxón para estar alá con nós!!!!
27 Marzo, 2008 ás 14:32
Xa pasou a Pascua deste ano, e no pouco que estiven, xenial! Quero da-las gracias ós que fostes e os que a preparastes. Un grupo pequeno pero unha experiencia grande. Gracias!!
30 Marzo, 2008 ás 13:52
GRACIAS por estos días de paz,oración, alegría,… de ENCUENTRO.
1 Abril, 2008 ás 0:23
Sen duda unha Pascua especial un ano máis, unha Pascua diferente, pero sempre unha Pascua compartida con xente coma vós que sempre merece a pena tanto!!
Moitas grazas!
e recordade que seguimos resucitados!;)