Ser crego, un compromiso
A pregunta de qué é ser crego xa ma fixen un montón de veces, cada día me fago este plantexamento, en cada momento da vida, en cada momento de oración. Só podo dicir que non é doado, porque non hai cousa doada en ningún compromiso cristián, porque comprometerse nunha opción esíxeche moito, non só dar o paso, sobre todo trae detráis unha carga de responsabilidade e de coherencia que chega a pesar moito.
É como estar constantemente no ollo do furacán, porque para min, crego, falar non debe de ser por quedar ben, ou por dicir cousas bonitas, ou para facer plantexamentos teolóxicos profundos, senón que a predicación leva consigo una “carga” na vida: cumprir, ou polo menos tentalo, iso do que falas e predicas. Paréceme un dos grandes retos dos que temos ese privilexio de predicar: facer vida as fermosas palabras que pronunciamos.
Pero ser crego non é só iso: tamén é entrega, mirar para o evanxeo, pechar os ollos ou abrilos ben, e plasmar na vida o que alí ven… Para min ser crego é estar preto dos pobres, tamén dos ricos, é ter unha palabra de denuncia ante as inxustizas do mundo e da Igrexa, é estar atento ó que o outro che pida, é paz e tranquilidade, e calmar corazóns abatidos e perdidos, é compaña e afectividade, é estar coa xente non rehuíla, e sobre todo, ser crego para min, hoxe, é un reto, o reto máis grande da miña existencia.




20 Marzo, 2006 ás 22:08
Enhorabuena, creo que ser cura es sencilla y dificilmente eso