Son unha especie en extinción?… Vou á misa
Xa sei que algún dirá: Vaia morro! pero se este tío é un cura… que vai dicir! que se lle acaba o negocio… pero si, quero dicilo, eu vou á misa, e non me dá vergonza recoñecelo. E digo isto non como cura –que sería deformación profesional- senón como crente.
Sempre participei nas misas da miña parroquia, e tamén nalgunhas sufrín o coñazo do cura que non calaba, da catequista que se te movías parecía un can, da persoa maior que te vía politicamente incorrecto,… pero tiven a sorte de ir a outras que foron todo o contrario: podiamos falar, cantábamos –ou atronábamos- pero con música decente e actual, onde un se sentía moi ben,… e non sempre polo cura –que en ocasións era o mesmo cá do coñazo- senón polo ambiente que se respiraba. Por iso, sigo indo á misa.
Pasei por diferentes etapas neste lío da misa cada domingo. Recoñezo que ás veces, os meus colegas non mo poñían fácil e algún vacile tiña que aguantar; pensei en non ir, e incluso se ía, non dicirllo ós amigos… pero descubrín varias cousas:
- Que me sentía ben, anque ás veces non entendía moito (era cuestión de preguntar…)
- Que coñecín xente alucinante, algúns, bastantes, da miña idade e cos mesmos medos, complexos e dúbidas cá min.
- Que podía participar: facía lecturas, formamos un pequeno coro (aí si que sufriron os maiores que ían), incluso, cambiábamos algunhas cousas desas “de toda la vida” que provocaban que miraran os maiores para nós con desconfianza e se oira: Qué la vamos a hacer, son jóvenes. Ya le vale a D. …. (o cura), si los educara…
- Acerqueime ó evanxeo de Xesús (eses que algúns din que deberiamos cambiar na Igrexa pois 2000 anos co mesmo rollo é pouco orixinal) e aí si que alucinei: gústame, e recoñézoo, gústame cada vez máis.
- Vin que había peña que sentía a misa, que lle gustaba anque non fose “a tope” de divertida.
- Falei de cousas que nunca tería falado (son cortado), falei sobre Deus e o que sentía eu respecto del: e non tiña de qué avergonzarme.
- Que hai moito que cambiar: o ir porque si, a rutina de ir á misa (coma quen vai tomar un café despois de xantar ou bota-la partida). Que hai que sorprender con cousas novas, ou polo menos novos enfoques.
- Que podía sorrir e incluso rir, tamén aplaudir e ás veces, ata falar (anque aí si que me poñía colorado)
- Que empecei a ve-los meus veciños de xeito distinto: incluso había certa “complicidade”. Iso levoume a pringarme en algunhas cousas da parroquia, e anque non me gustaba cómo se facían algunhas, podía da-lo callo e tentar facelas de xeito distinto.
- Sobre todo, descubrín algo que aínda fai que disfrute cada misa (e se vírades o horario que un cura ten o domingo…): descubrín un Deus xenial, bo, grande, cercano, que me quere e non me xulga (si, iso que todos facemos anque non o digamos…). Só por iso paga a pena ir.

Sei que diredes que isto é o que pode dicir un cura, pero non sempre fun cura, e se o son non me fixen en 2 días: hai unha serie de certezas que se van formando co tempo e non van pegadas a ser cura.
Vou á misa desde hai moito (moito antes de ser cura): Aburrinme, acordeime da nai do cura e dalgunhas persoas que estaban alí (perdón, pero é certo), pensei en ir pasando, incluso en graba-las nosas caras para ve-la “animación” da peña,… pero se sigo é porque Alguén tira para que vaia. Xa o sei… parece que esteamos en extinción… e que?…




2 Marzo, 2006 ás 22:44
Eu tamén debo ser desta especie en extinción. Polas dúas cousas, por ir a misa e tamén polo de ser cura. Primeiro veu o de ir a misa, e debe ser perigoso (según pensa moita xente), pois mira onde acaba un, no semianrio e ordenado. Unha aperta.
7 Noviembre, 2006 ás 12:52
Eu tamen debo de ser unha especie un pouco rara, porque aparte de ir a misa, son catequista. A verdade e que teño colegas que non o comprenden, pero respetan o que eu penso; hai xente que non comprende porque salgo os sábados so ata as 3:30 (a verdade e que se salgo ata máis tarde, logo non estou moi desperta para estar cos meus nenos no catecismo e poder pasar un bo rato en xuntanza con eles e máis Xesús) sabendo que igual eles se quedan ata ben tarde; sinceramente non lles envexo nada, porque eu asi son igual de feliz que eles (que non o cuestiono).
2 Agosto, 2007 ás 1:03
black women sucking dick…
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Son unha especie en extinción…
4 Febrero, 2008 ás 23:14
un abrazo a todos os curas sodes a caña.pa que vexades que un non se olvida das cousas que se aprenden e menos se estan tres anos repetindochas eu personalmente non me arrepinto de nada tan facilmente.chao un abrazo a todos.
13 Marzo, 2008 ás 11:42
SON NENO DE 13 ANOS E NA MIÑA PARROQUIA SON O UNICO QUE VOU A MISA DA MIÑA IDADE ADEMAIS AXUDO NA MISA: ENCENDER AS VELAS, AXUDAR A LIMPAR… ABRIR AS PORTAS CANDO O CURA CHEGA TARDE ETC
ADEMAIS O CURA NON PODE VIR TODOS OS DOMINGOS A OFRECELA MISA E TEN QUE VIR UN DIACONO E UNHA PENA QUE AXA TAN POUCOS CURAS POR CERTO SON DA PARROQUIA DE CANTEIXEIRA NOS ANCARES