Todos a unha
Dende onte e ata o 25 estase a celebrar a Semana de oración pola unidade dos cristiáns, que este ano se inspira na frase do Evanxeo de Mateo «Onde dous ou tres se reúnen no meu nome, alí estou eu en medio deles” (Mt 18,20).
Esta festa celébrase no hemisferio norte entre a festa de San Pedro e a de San Pablo (no sur, por mor do ciclo das estacións, é en Pentecostés), e trátase dunha semana que enlaza co espíritu ecuménico da comunidade de Taizé, da que xa falamos nesta web hai uns días.
A nivel mundial, os cristiáns, sexan da confesión e rito que sexan, rezan unidos pola paz, pola unidade, e seguindo uns textos bíblicos que refiren a un deus común: Xesús de Nazaret.
Esta semana de oración está pensada como un octavario, cun programa que dá consellos, proporciona citas e temas cara os que encamiñar a oración nestes días en que, quizáis de maneira máis especial, cómpre esquecer as diferencias e mirar cara ós puntos de encontro dos cristiáns. Unha comisión ecuménica (a comisión de Dublín) preparou tamén unha guía de textos a maiores para profundizar.
Esta festa celébrase tras a mensaxe de Benedicto XVI pola paz e o entendemento, xa non entre as distintas confesións, senón pola boa convivencia entre os homes de calqueira condición, nun mundo xusto.
Hoxe mesmo, festa de San Enrique, patrón de Finlandia, Benedicto recibiu a unha delegación luterana. Tras a reunión, o sumo pontífice declarou que “estas visitas son a ocasión para un ulterior e fructífero traballo, e para profundizar no ‘ecumenismo espiritual’, que chama ós cristiáns divididos a apreciar o que xa os une”.
Xustamente o Papa será o encargado de clausurar o próximo mércores a semana, coincidindo coa festa na que se celebra a conversión de San Pablo.
(Podes atopar abundante documentación en moitas webs, como esta, da Revista Ecclesia. Ademáis, a Comisión da CEE para as relacións coas demáis confesións preparou unha carta)




19 Enero, 2006 ás 21:07
«Onde dous ou tres se reúnen no meu nome, alí estou eu en medio deles” (Mt 18,20).
Non hai nada mellor que pasar uns 4 días de encontro ecuménico en Milán, para darte conta de que, como ben dixen xa nesta páxina, as diferencias entre os cristiáns realmente poñémolas nós, xulgamos sen deber e somos xulgados sen ter por que… Por iso, esta iniciativa da Igrexa, se se pode chamar así, paréceme moi boa, unha forma xenial de acercarnos aos demáis cristiáns, con quenes temos en común un Pai e iso é o que temos que compartir.
19 Enero, 2006 ás 21:45
PAra min é unha semana moi especial, porque me parece moi importante a unidade dos cristians, dos de confesións distintas e dos da mesma. Tamen me encanta que o remate desta semana ou octavario coincida coa festa da Conversion de San Pablo e este ano de forma especial porque ese mesmo día o Papa Benedicto XVI vai facer pública a súa primeira enciclica “Deus est caritas” (Deus é amor), de seguro que moitos cristians xa levábamos tempo agardando un documento deste pontífice.
20 Enero, 2006 ás 1:33
“O pobo que andaba na escuridade viu unha gran Luz”. Isto decíao Isaías hai moito tempo; para os cristiáns esa Luz é Cristo. Luz para todos: nacida para todos e por todos; Luz predicada para todos e por todos; Luz que sana, perdoa, acolle, anima, dá esperanza,… a todos e por todos; Luz que se axeonlla para servir a todos e por todos; Luz que se fai pan para comer todos e por todos; Luz que se parte nunha cruz para todos e por todos; Luz que resucita e perdura na historia, e segue a iluminar a todos e por todos.
Sei que son moi repetitivo, pero… desde Deus hai algo que xustifique as divisións pola fe? E desde o home?… pois, va ser que no!
20 Enero, 2006 ás 9:54
Cando tes a oportunidade de coñecer a cristiáns ortodoxos ou protestantes daste conta de que son moitas máis -e moito máis importantes - as cousas que nos unen cás que nos separan. Alégrome moito de que a unidade dos cristiáns e o diálogo coas outras Igrexas sexa unha prioridade do Papa actual, xa que iso fai que os católicos tamén o teñamos en conta e reflexionemos sobre esa cuestión.