Tornar a indiferencia por compromiso
Despois de tantos anos traballando con xovenes, tantos que xa me fixen “vella” (pero solo en anos eh!!!) pois resulta que cando lín esta proposta, esta pregunta, enseguida se me veu á cabeza non a palabra xuvenil, se non a palabra compromiso, pois posiblemente sexa esta a que teña nunha auténtica crise…que por iso repercute nos xovenes…
Pois vou responder á pregunta que facedes…NON, non é unha quimera, non é un soño, nin unha utopía. Pero si creo que hai unha crise, si penso que vivimos un momento difícil para poder definir o que significa a palabra compromiso, e para poder propoñer ós xovenes ou ós maiores un compromiso sexa do tipo que sexa.
E a crise da que falo non a descubro eu, e non é de agora mesmo, estoume referiendo ó que para mín é a peor das posturas ante calquera cousa da vida, a INDIFERENCIA. Que é para mín comprometerse? Pois veredes, é descubrir que algo ou alguén me importa, descubrir que unha situación pode cambiar porque eu interveño nela, aprender que si eu aporto algo as cousas son diferentes, descubrir que son importante porque conto e contan comigo, é tamén aprender que eses compromisos que vou adquirindo son capaces de transformarme, de cambiarme, de alegrar a miña vida, e tamén de facerme sufrir.
“Ti non podes cambiar todo o mundo, pero so ti podes cambiar a túa parte de mundo”
Fai anos que levo esta frase gravada no meu corazón…Iso é para mín o compromiso, decirlle que si a iso. Descubrir que son responsable dunha parceliña, descubrir que encargarme dela, facela miña, comprometerme com ela é cambiar o mundo, e ademáis iso cambiar a miña vida. Por iso penso que a indiferencia é a peor enfermidade, pero non é exclusiva dos xovenes, se non que os xovenes son herdeiros dunha sociedade que ten a indiferencia como bandeira, satisfeita de todo, pagada de sí mesma, enormemente egoísta e que pecha os ollos ante a miseria e a dor de máis da metade da humanidade.
E vou rematando, e quero facelo falando dos xovenes, traballo con eles todos os días e sufro esa tremenda indiferencia ante todo o que sexa compromiso para cambiar as cousas da que tamén eles están contaxiados, pero NON SEMPRE É ASI, e algunha vez recibo unha alegría, e veredes teño que decir que cando un xoven descubre o compromiso, algo polo que loitar e algo polo que paga a pena entregarse, faino dun xeito que a mín segue a sorprenderme e entonces todo cambia, e o corazón alégrase.
Sei que na nosa Diócese hai moito que traballar cos xovenes ¡¡¡vaia si o sei!!! Sei tamén que non son moitos os que pasan da indiferencia ó compromiso porque isto é um camiño lento, lento, lento. Coñezo xovenes, cecáis alonxados da fe, pero comprometidos co mundo, colaborando en ONGs, en proxectos moi diversos, porque iso da sentido á sua vida…Iso é compromiso.
E sei tamen que nesta Diócese hai xovenes comprometidos que son un auténtico tesouro, que sacan tempo de debaixo das pedras pa facer miles de cousas, que preparan encontros, reunións, traballos de solidariedade, campamentos, convivencias, pascuas, que son catequistas, levan grupos de reflexión, de traballo…Seino porque teño a ledicia e o orgullo de coñecelos, de traballar con eles e cando penso así o meu corazón, a pesar de todos os sinsabores que traballar cos xovenes pode traer…Pois o meu corazón dá gracias. Taba tentada a poñer os seus nomes pero como dice el cantor…”Dios y mi canto, saben a quién nombro tanto”.
No é unha tarefa fácil, hai que seguir traballando para poder tornar a indiferencia por compromiso, ese é o reto.




24 Abril, 2006 ás 22:20
Bueno antes de nada, moi boas a tod@s!
Centrándome no tema a tratar hei de decir que, lendo o comentario que Tere escribe, pouco máis podo engadir…Dende o meu punto de vista, o principal problema á hora de comprometernos, sen lugar a duda, é a indiferencia, a indiferencia que a maioría da xente sinte ante todo; non só compromiso de fe, ou compromiso con ONGs…se non indiferencia pola vida mesma, pola vida en sí. Creo que a sociedade vai avanzando a pasos axigantados ata algún lugar onde a falta de motivacións e de compromiso, serán os factores predominantes. Se ben é certo, ás veces a falta de interés, a falta por coñecer novos campos…fan que non podamos entrar en “mundos” que realmente nos podrían interesar, e cos cales sí podríamos entablar un compromiso: INDIFERENCIA de novo. ¿Por qué non cambialo? Aquí está, como moi ben di Tere, o gran reto, tornar a indiferencia polo compromiso.
Afortunadamente, eu podo decir que coñezo un grupo de xóvenes e de non tan xóvenes (digamos…¿vacas sagradas?jaja…), que creen no compromiso e que o levan a cabo. Ademais, hai que decir tamén que, non só o levan a cabo,senon que fan que a xente, coma mín e o resto dos meus compañeiros, aprendamos a comprometernos, brindándonos a oportunidade de participar nas actividades, de compartir, de poder cambiar un pouquiño as cousas…facendo que cada día aprendamos a ser un pouquiño mellores, non só co compromiso, se non ca vida mesma.
Gustaríame, e xa para rematar, combidar dalgún xeito a toda aquela persoa “indiferente”, combidala a comprometerse un pouquiño máis…pois a satisfacción que da un bo compromiso, asgúrovos que merece a pena.
25 Abril, 2006 ás 1:38
A min hai moitas cousas que non me quedan claras. Sobre todo, qué podemos propoñer. Qué poden facer os educadores, os pais, a Igrexa. As causas profundas desta apatía… ¿comprométese a xuventude menos ca antes na política? ¿e coa relixión? ¿o noso nivel de compromiso ten unha relación inversamente proporcional ó benestar e riqueza? ¿Qué papel xoga a televisión? Non sei, quizáis aquí esteamos todos moi comprometidos e fagamos un montón de cousas, pero non vexo que a situación poida cambiar, é dicir, que non somos capaces, nós, xoves, de sumar xente a ese club que parece que temos montado…
25 Abril, 2006 ás 13:46
A min persoalmente dame a sensación de que o centro da cuestión non está en canto ou como se comprometen os xoves que están o redor dos que xa nos comprometemos. Senón que o caso é despertar en torno a nós un interrogante de porque nós actuamos así. Nun tempo e nunha sociedade na que nada vale se non “me vale” resulta complexo motivar e animar a ese compromiso. Pero por iso mesmo non é cousa de sumar, poruqe non o acadariamos polo menos en grande numeroloxía, senón sobre todo de interrogar. PEro ese interrogar ten que se rdende nós mesmo. Despertar nos demais a duda sobre o que fan véndonos a nós. Este traballo si o podemos facer cada un, ser máis testigos, testemuñas coherentes que fagan saltar resortes nos que nos rodean.
25 Abril, 2006 ás 15:09
Dicía o bispo na Pascua que os xoves cristiáns (comprometidos, polo tanto) comen onde comen os demáis, divírtense onde se divirten os demáis. Eu non me considero exemplo, nin mellor ca outra persoa por estar metido en algunha actividade adicional, dentro dese contexto. Considérome un máis, con todas as consecuencias.
Creo que é un erro encerrarse demasiado nun mesmo vendo o que ten de bo, e tratando de que os demáis alcancen “o noso nivel”. É dicir, que non nos faría mal, a min o primeiro, abaixarse un pouco ata tratar de ver, de igual a igual, o que nos diferencia. Quizáis o feito de ter demasiado claro o “comprometidísimos” que estamos (e o raro que é que un xove se comprometa) é unha barreira para que xoves que se divirten con nós, que comen con nós, tomen ese camiño. E insisto, creo que o debate non está en nós, senón que deberíamos ir ás causas sociais (plantexei algunha pregunta antes), á pandemia da indiferencia que di Tere. Non debemos conformarnos só con exaltar o que temos de bo (corremos o risco de caer da burra, coma Pablo), senón preguntarnos que podemos facer para que a sociedade progrese, de cómo cambiar o mundo, vaia. Se somos xoves, ó fin e ó cabo, é para aspirar a cousas así…
25 Abril, 2006 ás 20:03
No se si me entero muy bien del tema. Pero lo de ser joven y comprometido me parece algo que no va mucho conmigo. Cuando salgo a la calle, a veces si voy a la iglesia, a alguna misa… veo gente comprometida, algunos jóvenes otros no tanto. De alguna manera la gente busca algo “para hacerse”, como lo diría, como si necesitasen salirse de si mismos. A mi eso me parece genial. Pero no acabo de entender porque todo el mundo tiene que estar comprometido. Yo no lo estoy, y tíos, me va la mar de bien asi. La sociedad no me ofrece nada y yo no me propongo ofrecerle nada a ella. Resulta una relacion curiosa, pero me va bien asi.
UN beso a toooss.
25 Abril, 2006 ás 20:28
Hola Ernesto,
antes de nada agradecerte tu intervención.
Pero me gustaría decirte que me entristece tu postura. ¿La sociedad no te aporta nada? de verdad? no me lo creo, ni tampoco que tu no aportes nada. A lo mejor no se trata de estar comprometido en algo concreto, en una ONG o algo así, pero todos nos comprometemos de alguna manera en algo, aunque solo sea opinando. No crees?
25 Abril, 2006 ás 21:21
Tendo en conta as posibilidades de errar no que comente a continuación, só quería dicir que ainda que na teoría poida que si, na práctica a experiencia dinos que por fortuna ou desgracia, cada un que xulgue por si, ser cristián non implica estar comprometido… Ata que punto iso é bon?? ata que punto somos cristiáns para algúns??
25 Abril, 2006 ás 21:28
Gracias Fran:
Quizas si tienes razón y pensándolo en profundidad en algo aporto, aunque sea no aportando nada. Y en cuanto a lo d ecomprometer, pos bueno. No me gusta mucho mojarme. Pero tampoco obligo a nadie a hacerlo. Me preocupa el tema, no sólo por mi, porque como decía antes si hay mucha gente con esta actitud, yo soy uno más del rebaño. POr un lado choca lo que nohago con la pregunta de cómo hacer para aportar algo. Es un dilema. No lo se, no encuentro respuesta alguna.
27 Abril, 2006 ás 11:05
Boas de novo, este é un comentario para todos pero especialmente para Ernesto, nada é neutro, nada é indiferente, cando elixes…renuncias, cando decides ainda que sexa NON facer nada como ti dices, xa estás elexindo…e iso marca, condiciona, a ti e ós que te rodean. Non hai volta de folla. pensao un pouco. Dices “yo no estoy comprometido” e iso xa é en si mesmo unha decisión que “compromete” ainda que ti non lle poñas ese nome…
Dices “yo no estoy comprometido y me va la mar de bien asi” e a miña pregunta é…Te va bien así hacia donde?
Ó mellor a sociedade non che aporta nada, pero pode que alguén precise de ti, ainda que so sexa unha sonrisa.
Non nos coñecemos pero non é preciso.Un abrazo e que sexas feliz.
27 Abril, 2006 ás 17:17
Gracias Tere:
En cierta medida si tienes/teneis razón. Visto así, mi negativa no deja de ser una “opción”. No sé si un compromiso.
En verdad la vida está llena constantemente de opciones, y no optar ya es optar como bien señalas.
Hacia donde me va bien?
Pues nunca me lo habia planteado. ¿Tiene que irme bien hacia un sitio concreto?
Gracias a todos. ME esta empezando a gustar este blog.
27 Abril, 2006 ás 17:20
Eu non acabo de enteder moi ben a túa postura Ernesto.Á veces atópome con xoves coma ti, é innegable, pero non son a maioría. E aínda así. De verdade que non te comprometes con nada?. Resulta curioso pensar nunha ataraxia total a nivel persoal. Invítote como facía Tere a que te mires cara dentro, seguro que en algo te comprometes. Se cadra non como queres ou como che gustaría. Pero algo haberá….
27 Abril, 2006 ás 19:34
Pois eu si que entendo a postura de Ernesto, e creo que Tere fixo unha moi boa reflexión.
Desde logo que nos movemos en ambientes diferentes, Rubén, porque a maioría dos xóvenes que eu atopo e cos que traballo, tal vez porque son moi novos (entre 14 e 17 anos) teñen unha actitude moi parecida á que comenta Ernesto, podería poñer as súas palabras en boca de moitos dos meus alumnos sen temor a equivocarme.
Sen embargo, aínda que os comprometidos coa realidade que os rodea son os menos, ó final é verdade que son os que deixan pegada nos que os coñecemos, e nesa idade da que falo tamén son os máis maduros e conscientes do mundo que lles tocou vivir. Confío en que moitos dos outros cambien a súa actitude ante a vida co paso do tempo, a adolescencia é unha etapa da vida ben difícil.
27 Abril, 2006 ás 23:08
Gracias Ra (de Raquel supongo):
Pues es así. Yo tambien me encuentro en esa franja de edad. Y si bien es cierto que muchos de mis colegas, de los de mi misma edad son así tambien lo es que esto no justifica mi postura. Debo daros las gracias porque estas reflexiones me han ayudado a darme cuenta de que alguna cosilla se puede cambiar. Sigo igual de “comprometido” que hace dos días, pero alguna luz se ha encendido en mi cabez. No es que sea yo muy religioso, pero el compromiso va más alla de lo religioso, al menos esoveo yo. ahora no se, es como si empezase a dudar de que sea “la mar de bien” no comrpometerse.
Ya os contaré en que acaba mi reflexión.
Gracias. Aunque me cuesta cambiar la forma de ver la s cosas, parece que el que te digan lo evidente te ayuda a verlo mejor.
28 Abril, 2006 ás 2:04
Ola de novo, é verdade que moitos do que participamos nisto somos crentes, somos cristiáns pero iso non quita para acoller con ledicia enorme a quen sabe, ou pensa que non o é ou simplemente no sabe que é…pero quere participar…Benvido Ernesto!!!
E non deixes de pensar cousas, ese pode ser un bo compromiso…pa comezar:)
“Debe irme bien hacia algún sitio?” preguntabas aludindo a unha pregunta miña…pois eu penso que si…mira ainda que no sexas capaz de respondela…debes facerte esa pregunta e intentar respondela!!! imaxina calquera cousa da túa vida, calquera que sexa e pensa que non sabes nin para que nin porque a fas, nin que pretendes conseguir con ela…pensao un momento…NON PODE SER!!! desde ir ó cine, a saír a pasear, decidir practicar un deporte, ter amigos, relacións con alguén, buscar unha profesión…Aí tes, amigo Ernesto, a pregunta…que fago con isto? ou doutro xeito: a donde me leva?, que vou conseguir?. Mira, podemos, nun momento da nosa vida, encher o depósito do coche e saír sen rumbo, e pasar un tempo viaxando sen pensar donde imos parar, ou donde taremos mañá pero…podes pasar así toda a túa vida?…
En canto ó de si che ten que ir ben aló hacia donde vaias…pois iso é simplemente porque, non sei ti, pero eu preciso ser feliz e para mín a felicidade ten moito que ver co ben. Si o que fas ou deixas de facer fai de ti unha persoa feliz,nada que obxectar, pero si pensas que a túa vida necesita un plus de felicidade de alegría…entonces deberás preguntarte cara a donde dirixir os pasos…Bueno xa non me lio máis, espero que esta pequena reflexión en “voz” alta nos axude.Unha aperta.
28 Abril, 2006 ás 10:07
Ola Ernesto, alégrome de que o que aquí comentamos che fixera pararte a pensar, aínda que só sexa un momento.
Persoalmente penso que o feito de comprometerse coa realidade é en gran medida unha cuestión de carácter, sumada, claro, ao feito de encontrarte persoas que te apoian e que pensan coma ti. Ver o mundo no que vivimos, coas súas enormes inxustizas e desigualdades, desde un punto de vista crítico, non pode -ou non debe - deixarnos indiferentes, é unha cuestión de sensibilidade mínima, creo eu.
Estou completamente de acordo contigo en que o compromiso vai máis aló do relixioso, hai moitas persoas que se comprometen en intentar mellorar o mundo sen estar movidas por ningún sentimento relixioso, e iso é tan válido e maravilloso como o outro. A min, persoalmente, móveme a fe en Cristo, a súa mensaxe; e a forza para tirar para adiante búscoa aí, pero ti podes encontrala en outros moitos sitios, e iso non impide que poidamos dialogar sobre xuventude e compromiso.
Encantada de coñecerte, Ernesto.
Ra (si, de Raquel
13 Mayo, 2006 ás 20:31
Ben, eu xa sei que vou co “efecto Illas Canarias”, pero en vez de levar unha hora de retraso, levo un mes ou unha cousa así… primeiro leo os comentarios, masticoos (ou faise o que se pode) e cando a inspiración se acorda de min e me fai unha visita… escribo algo. Bueno, fora bromas…
… boooas despois de tanto tempo : )
… xoves … indiferencia … compromiso … sociedade … Hai que comezar reflexionando qué é para cada un a xuventude, a sociedade, qué é iso do compromiso… plantexarnos se nos comprometemos a algo, ¿a qué temos que comprometernos?, ¿porqué temos que comprometernos?…
Eu penso que sí que nos comprometemos… nenas e nenos, xoves, nais e pais, adultos, anciáns… todos… O que pasa é que cada un comprométese co que lle convén… e aquí vai sair unha nova palabra: INDIVIDUALISMO.
Como decia unha moi boa profesora nunha clase fai uns anos (fai uns anos xa… buf buf): mi, me, conmigo… e non damos para mais, xente.
“EU comprometome co MEU traballo, quero os MEUS cartos, vou facer as MIÑAS cousas, quero a MIÑA comida, quero o MEU tempo libre…” —> esta e a filosofia que prima hoxe en dia. E para min aí esta o problema, en que non sabemos que temos que comprometernos CON MAIS cousas, con MAIS xente… e NON soamente os xoves, senon “to kiski”.
Entendo moi ben o que di Tere de “eu ocupome da miña parcela” e eu non vexo iso como INDIVIDUALISMO, senon que cada un deberia de facer iso para que entre todos formaramos un bo “latifundio”, pero a min esa filosofia non me anima. Vamos a ver se non me lio demasiado… (cousa dificil). Se cada un se ocupara da sua parcela e se comprometera no sentido que fala Tere, se comprometera cos demais, se tivera unha filosifa e unha etica interior con miras cara os demais e non cara un mesmo, e TODOS o fixeran, seria unha solucion. Pero o problema non e que a xente non se ocupe da sua parcela, o problema vai nesa “filosofia” que ten cada un ou que “mamou” desde o corazon da sua familia e do seu nucleo de aprendizaxe. Todos temos a nosa parcela, todos nos ocupamos da nosa parcela, pero a maioria dos nenos e dos xoves nesa parcela teñen un xardin pequeno para ocuparse das pagas que lle vai dar sua avoa, un tiesto onde preocuparse por aprobar lingua galega, outra maceta… ¡¡ai está!! Cada un ocupase da sua parcela pero o que hai dentro son as SUAS cousas (mi me conmigooooo!!). E o mesmo pasa cos maiores, pero non sei porque, parece que existe unha pancarta como as do Corte Intles onde se di que os unicos que se deben de comprometer somos os novos, porque como “non temos nada que facer mais que tocar a gaita…” Pois non. (pero a otra cosa mariposa…)
¿Quen nos aprende a comprometernos? ¿Quen nos aprende a comprometernos sen ter nada ECONOMICO a cambio? Se nen sequera as veces somos capaces de facer iso nunha relacion cunha persoa que queremos… como o vamos a facer coa “sociedade”. Imos a feitos concretos, falemos de persoas e non de sociedade en xeral… vamos a ver, ¿quen nos “ensina” a ser asi? Unha/un nena/o pequena/o aprende O QUE VE, o que ten na sua casa, o que ten nos maiores. A a maioria de nos medramos no individualismo, onde debemos de comprometernos para logar beneficios de diferente clase, pero para logralos NOS.
Resumindo… si que existe o compromiso. Pero é un compromiso totalmente individualista na maioria dos casos.
O de como cambialo vamos a deixalo para outro dia… pero vamos a dar pistas… “educacion educacion educacion” e non precisamente a dos centros educativos.
Sinto o rollo… eu son “o rollon” personificado.
Besucos a tod@s : P
13 Mayo, 2006 ás 23:20
Boas, a mín tamén me sona iso de “yo, mi, me conmigo…” pero a vida é unha inmensa fonte de aprendizaxe e por iso cando imos vivindo, si estamos atentos e somos mínimamente sensibles iremos aprendendo tamén a pronunciar outras palabras.
¿Quen nos aprende a comprometernos? pois posiblemente a propia vida e as opcións personais de cada un, e sí tamén, naturalmente a nosa EDUCACIÓN.
O Compromiso é unha opción persoal pero que medra en compañía :).
O compromiso empeza por comprometerse con unha mesma e con aquilo que a mín me IMPORTA; e a propia vida e un corazón atento farán o “milagre” ese paso do exclusivo “Yo, mi, me, conmigo…” ó “Tú, ti, te, CONTIGO, CONVOSCO, CON TODOS!!! MOITOS BICOS.E moito aaaaaanimoooooo.
19 Abril, 2007 ás 21:26
AcientWarrior28…
HI! I’ve have similar topic at my blog! Please check it..
Thanks.
[url=http://search.yahoo.com/search?p=AcientWarrior28][/url]
http://search.yahoo.com/search?p=AcientWarrior28…