Un minuto de silencio

Ernesto é un obreiro arxentino casado e con dous fillos preadolescentes. É despedido da fábrica e todos quedan na rúa; así que coa axuda dun amigo -o Gordo- intálanse nunha casa ruinosa preto do vertedoiro da cidade. A situación é caótica, pero Ernesto axudado polo Gordo e un cura do lugar levan adiante iniciativas sociais naquel ambiente.
O argumento en si, non é nada chamativo, pero na película faise unha radiografía crítica da crise social, económica e moral que sufre Arxentina desde hai anos.
Temas como a unidade familiar, a responsabilidade dos pais na educación dos fillos, o valos da amistade e o traballo, o papel da Igrexa católica en ambientes de marxinación,… aparecen artellando un tapiz ben interesante que non deixa indiferente a quen se achega a unha sá para velo film.
Tal e como o plantexamos, pode parecer un enfoque demasiado serio, sen embargo o tono traxicómico e o bo facer dos actores, fan que sexa unha película interesante, representante do novo cine social que se está a facer: politicamente comprometido, pero nin ideolóxico nin partidista.
Para aqueles que lle guste a música e letras das cancións de Silvio Rodríguez están de noraboa: ó longo da película, una canción –Quédate- vai se-lo fío conductor que artelle os distintos elementos que aparecen.




31 Julio, 2007 ás 10:52
anatomy of the vagina…
.:Nova Fronteira:. » Blog Archive » Un minuto de silencio…