Xa está aquí o encontro das familias
Como xa anunciamos en Nova Fronteira, o próximo 1 e 2 de abril vaise celebrar en Santiago o encontro interdiocesano de animadores de pastoral xuvenil. Terá lugar na casa de exercicios do Campus Sur de Compostela, con representación de tódalas dioceses de Galicia.
Dende NF tentaremos ofrecer unha síntese tras o encontro, ó que aínda se pode asistir, chamando (con urxencia) ó teléfono 982510406. Tamén te podes inscribir na páxina web da diocese anfitriona, nun formulario creado a tal efecto.
Entre as actividades do programa, varias ponencias de expertos, dun matrimonio xove, e mesmo do bispo de Mondoñedo - Ferrol. Haberá tamén tempo para compartir, de forma máis distendida, momentos de descanso e festa, animados por grupos de títeres, entre outros.
Sábado 1 de abril
10,00 Acollida
10,30 Oración
11,00 Ponencia: “O amor que é e que non é”, Fernando Moreno Muguruza
12,00 Descanso
12,30 Ponencia: “O matrimonio cristián”, Manuel Sánchez Monge
14,00 Xantar
16,30 Ponencia: “Educación na familia dende a liberdade”, familia Olguín
18,00 Café
18,30 Mesa redonda cos ponentes
20,00 Eucaristía presidida por Manuel Sánchez Monge
21,00 Cea e festival de títeres, co grupo Valiván
Domingo 2 de abril
09,00 Almorzo
10,00 Oración
10,30 Taller
12,00 Descanso
12,30 Comunicacións: Xornada Mundial da Familia de Valencia
14,00 Xantar
16,30 Eucaristía
17,30 Despedida
|Encontro Interdiocesano de Animadores “Amor e familia”| Casa de espiritualidade do Campus Sur, Santiago de Compostela |1 e 2 de abril | Información e inscripcións: Dedinex, Avda/ As Pedreiras, 27800 Vilalba. Teléfono: 982510406 | Precio do curso completo (pensión completa): 30¤ |
.:NF:. Dous días para o amor e as familias



